Modesto Pasín Noya, nado en Pontevedra o 17 de outubro de 1903 e executado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 1936, foi un político e sindicalista galego.

Traxectoria Fillo de José Pasín Romero. Pintor e dourador. Traballador en Aguas Potables SA. Afiliado á CNT e comunista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité de Defensa da República constituído no concello compostelán en representación do PCE. Foi detido aos poucos días. Xulgado en consello de guerra e acusado de traizón, foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Marcelino Pasín Noya (irmán)

Categoría:Políticos do PCE

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Nados en Pontevedra

Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1936