San Xoán de Barcala é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 182 habitantes (92 mulleres e 90 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 266 habitantes.

Na aldea de Arzón naceu Avelino Pousa Antelo o 14 de maio de 1914, coñecido na parroquia coma Lucho do Peto.

Historia Na parroquia quedan restos do Neolítico e como mostra a existencia do grupo de seis mámoas de Pedra Alba, o grupo de dúas mámoas do Alto de Emes e a pedrafita de Pedra Alba, de 86 cm de altura, situada nun camiño tradicional.

Foi parroquia desde moi antigo, ata que no 1668 pasou a depender de Ordoeste.

Escola de Cuba A escola de San Xoán construíuse grazas ás contribucións dos emigrantes galegos en Cuba. A sociedade promotora foi a Unión Barcalesa. Esta sociedade foi a mesma que promoveu as escolas de Covas e Aro.

O 23 de xuño de 1995 pasou a ser da Asociación de veciños A Barcalesa.

A primeira concentración de Galicia O 5 de setembro de 1958, Francisco Franco entregoulle os 263 títulos das leiras de substitución aos propietarios das terras concentradas en San Xoán de Barcala e Santa María de Covas. Esta concentración abarcou 177 hectáreas, cuxo custo detallado foi: ActuaciónCusto enpesetasCamiño San Xoán - A Baña450.000Camiño Cores a estrada de Negreira - Muxía370.000Regadío do río Barcala135.000Ampliación regadío río Barcala46.000Saneamento entre Lameiro e Padín40.000Regularización da canle do rego de Seoane40.000Saneamento de Emes36.000Rectificación camiño Seoane a ponte Albariña11.000Rectificación do regato de Piacelo4.000Total1.132.000 O número de parcelas concentradas foi de 2.486 e as de substitución foron 537.

Arquitectura popular

Casa de Cores Construído no século XVII, conta cunha edificación principal constituída pola casa señorial, as dependencias do persoal de servizo e unha capela privada. Na entrada de servizo encóntranse dous hórreos, de 10 e 7 claros.

Fóra do recinto amurallado, hai un dos carballos máis grandes de Galicia.

Muíños Muíño de Cores, de Andrés Bermúdez de Leis, que moía todo o ano con auga de Ponte Albariña. Santa Lucía, de Felipe Lueiro e consortes. Rodo, de Pascual López (párroco), que moía tres meses coa auga da Fonte de Santa Lucía.

Pombais Pombal de 12 pares, de Andrés Bermúdez

Festas 1º domingo de xaneiro: San Manuel 23 de maio: Os Milagres 3º domingo de xuño: San Hadrián 31 de decembro: San Xoán

Lugares e parroquias Lugares de Barcala

Parroquias da Baña

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Baña

Categoría:Parroquias da Baña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán