Andrés Mellado Fernández, nado en Málaga en 1846 e finado en Biarritz (Francia) o 30 de agosto de 1913, foi un avogado, xornalista e político español, ministro de Instrución Pública e Belas Artes durante o reinado de Afonso XIII.

Traxectoria Membro do Partido Liberal-Conservador, iniciou a súa carreira política en 1881 como deputado en representación de Porto Rico, repetindo o nomeamento do escano en 1884. Desde a seguinte lexislatura e até 1899 foi deputado pola provincia de Málaga, e en 1898 foi nomeado senador por Cuba.

En 1889 foi alcalde de Madrid, e foi gobernador do Banco de España entre xuño e decembro de 1902. Durante o goberno presidido por Eugenio Montero Ríos, entre o 23 de xuño de 1903 e o 31 de outubro de 1905, foi nomeado ministro de Instrución Pública.

Como xornalista, dirixiu o periódico El Imparcial. Foi amais membro da Real Academia Española coa cadeira K dende o 5 de maio de 1912.

Vida persoal

Casou na igrexa de Santo Ildefonso de Madrid coa luguesa Jesusa de La Portilla Cobián, irmá do gobernador militar de Lugo Leoncio de La Portilla. Non tiveron descendencia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de gobernadores do Banco de España

Bibliografía

Ligazóns externas El Ministro Andrés Mellado y su relación con Gaucín Ficha na Base documental d'Història Contemporània de Catalunya.

Categoría:Ministros de España Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Alcaldes de Madrid Categoría:Nados en Málaga Categoría:Nados en 1846 Categoría:Finados en 1913 Categoría:Políticos do Partido Conservador (España) Categoría:Gobernadores do Banco de España