Evaristo Castromil Otero, nado en Santiago de Compostela en 1876 e finado na mesma cidade o 29 de outubro de 1969, foi un empresario galego.
Traxectoria Comezou traballando para o Banco de Olimpio Pérez. Despois exerceu como corredor de comercio e entrou en contacto coa importación de vehículos. Decantouse polo mundo do transporte e creou unha empresa de transporte de viaxeiros en 1917. En 1918 inaugurou a primeira liña de Galicia, que unía Santiago con Pontevedra, nun traxecto dunhas dúas horas de duración e cuns prezos que ían das 5,60 ás 10 pesetas, dependendo do lugar ocupado no coche. Tamén comezou a ofrecer un servizo diario entre Santiago e A Coruña, que foi a orixe da empresa Castromil.
Vida persoal Foi pai de Ramón Castromil Casal († 1990) e avó de Ramón Castromil Ventureira.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1969