thumb|250px| Malvina Schnorr von Carolsfeld (1825-1904), a primeira Isolda, 1865. thumb|300px Liebestod (en lingua galega "Morte de amor", do alemán Liebe: amor; Tod: morte), é o termo acuñado para describir a aria final do drama musical Tristan und Isolde de Richard Wagner. Musicalmente, sinala un dos cumios do romanticismo tardío, onde a tonalidade é levada ao límite.
Descrición e historia No tráxico final da ópera, a heroína Isolde transfigúrase cara a outra dimensión "morrendo de amor" fronte ao corpo sen vida do seu amado Tristan.
Cando se emprega como un termo literario, Liebestod (do alemán Liebe, amor; e Tod, morte) refírese ao tópico literario da morte erótica ou "morte no amor" pola que os dous amantes consuman o seu amor na morte ou despois de morrer. Xa se observaran situacións similares en Romeu e Xulieta de Shakespeare e As mágoas do mozo Werther de Goethe, aínda que Wagner lévao ao límite musical e dramaticamente.
De acordo ao texto (do propio Wagner) o Liebestod non está asociado coa dor física, é unha transformación, un paso a outra dimensión, onde ondas de son a cargo da masa orquestral somerxen a voz da protagonista ata facela desaparecer.
No momento da súa composición Wagner vivía un romance ilícito - aparentemente platónico - con Mathilde Wesendonck, poeta e esposa do seu mecenas, o banqueiro Otto Wesendonck. Wagner inmortalizou a imposibilidade de concretalo no tráxico amor da lenda celta de Tristán e Iseu e nas Wesendonck Lieder, dúas das cales serviron de bosquexos para a música da ópera ou drama musical segundo a caracterización do compositor.
Interpretacións Non só como corolario da obra senón que tamén é interpretado en concertos seguindo ao preludio do drama Tristan und Isolde, sendo unha das máis populares pezas wagnerianas no repertorio sinfónico. Do mesmo xeito, algúns directores escollen interpretacións sen a soprano, quedando como unha peza sinfónica. Franz Liszt, sogro de Richard Wagner (casado con Cosima Liszt), fixo unha versión para piano.
Texto orixinal en alemán tradución ao galegoMild und leise wie er lächelt, wie das Auge hold eröffnet seht ihr's, Freunde? Seht ihr's nicht? Immer lichter wie er leuchtet, Stern-umstrahlt hoch sich hebt? Seht ihr's nicht? Wie das Herz ihm mutig, schwillt, voll und hehr in Busen ihm quillt. Wie den Lippen, wonnig mild, süßer Atem sanft entweht: Freunde! Seht! Fühlt und seht ihr's nicht? Höre ich nur diese Weise, die so wunder voll und leise, Wonne klagend, alles sagend, mild versöhnend aus ihm tönend, in mich dringet, auf sich schwinget, hold erhallend, um mich klinget? Heller schallend, mich umwallend, sind es Wellen sanfter Lüfte? Sind es Wogen wonniger Düfte? Wie sie schwellen, mich umrauschen, soll ich atmen, soll ich lauschen? Soll ich schlürfen, untertauchen? Süß in Düften mich verhauchen? In dem wogenden Schwall in dem tönendem Schall, in des Weltatems wehendem All - ertrinken, versinken, unbewußt - höchste Lust!Que doce e suave sorrí, como se entreabren os seus ollos suavemente Védelo, amigos? Non o vedes...? Como resplandece con luz crecente! Como se alza rodeado de estrelas. Non o vedes? Que valente e enchido, cheo e sublime, se lle inflama o corazón no peito! E dos seus beizos deleitosos e suaves flúe un alento doce e puro: Amigos, mirade! Non o percibides? Non o vedes? Tan só oio eu esa melodía, que tan marabillosa e quedamente, soa dende o seu interior en delicioso lamento que todo o revela, en suave consolo, xentil reconciliación, penetrando en min, elevándose, en doces ecos que resoan en min? Esa clara resonancia que me circunda é a ondulación de delicadas brisas? Son ondas de aromas embriagadores? Como se dilatan e me envolven! Debo aspiralas? Debo percibilas? Debo beber ou somerxerme? Ou fundirme nas súas doces fragrancias? No flutuante torrente, na resonancia harmoniosa, no infinito alento da alma universal, no gran Todo... perderse, somerxerse... sen conciencia... supremo deleite!
Adaptacións Mild und leise é tamén o título dunha composición sintetizada de 18 minutos de Paul Lansky, composta en 1973 nun IBM 360. Partes dela chegaron a ser as bases para a canción de Radiohead "Idioteque".
O compositor brasileiro residente nos Países Baixos Cristiano Melli compuxo "Immer Lichter" (2012) para fagot so, baseado na liña vocal de Isolde.
Véxase tamén Bibliografía Elisabeth Bronfen: Liebestod und Femme fatale. Der Austausch sozialer Energien zwischen Oper, Literatur und Film, Frankfurt am Main: Suhrkamp 2004. ISBN 3-518-12229-0
Outros artigos Tristan und Isolde Richard Wagner
Ligazóns externas Liebestod, versión en piano por Vladimir Horowitz "Liebestod" en concerto por Birgit Nilsson No Festival de Bayreuth 1995 Versión orquestral sen soprano
Categoría:Richard Wagner Categoría:Arias de ópera