O Couto das Rodas é un poboado castrexo situado no lugar de Fonte Fría na parroquia de Cumbraos (Mesía).
Morfoloxía O castro consta de dous recintos. O primeiro é un antecastro, que conserva parte dos parapetos na zona meridional e no resto o achanzamento que ven definido polo terraplén. O segundo é a croa, a unha maior altura, que ten tamén parapetos na parte meridional, con pouca caída cara ao interior, e duns 3 metros cara ao antecastro. O primeiro parapeto está atravesado por un camiño que se bifurca nun ramal interior da croa e outro que primeiro o fai no eixo N-S nuns 45 m e logo no antecastro uns 20 metros Xacementos arqueolóxicos. Plano Xeral de Ordenación Municipal de Mesía..
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.
Conservación A titularidade está en mans privadas e a súa conservación depende de posibles construcións de pistas . Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Rodas