Inia geoffrensis é unha especie de golfiño de auga doce, única do xénero Inia e da familia dos iníidos,Inia geoffrensis (de Blainville, 1817) en WoRMS propia das cuncas dos ríos Amazonas e Orinoco, polo que na bibliografía internacional se coñece como golfiño do Amazonas, golfiño rosado (este último nome debido á súa coloración) e boto, entre outros.

No mioceno, a Amazonia estivo cuberta de auga de mar intermitentemente. Este golfiño descendería de antepasados que poboaban o océano no mioceno e que entraron no Amazonas e que, despois, evolucionarían para adaptarse á auga doce cando o mar se retirou.

Non existe consenso de cando e como penetraron estes golfiños na conca amazónica; é posíbel que o fixeran hai máis de 15 millóns de anos desde o océano Pacífico, antes da formación dos Andes ou, máis recentemente, desde o océano Atlántico.Bebej, Ryan (2008): Inia geoffrensis ADW — University of Michigan Museum of Zoology. Inia geoffrensis en ADW

Inia geoffrensis é o golfiño de río máis grande. O peso dos machos adultos chega aos 185 kg e poden medir até 2,5 m. Como carácter distintivo, os adultos adquiren unha cor rosada, máis acentuada nos machos. É un dos cetáceos con dimorfismo sexual máis evidente, xa que os machos miden e pesan entre un 16% e un 55% máis do que as femias.

Como os outros odontocetos posúe un órgano chamado melón que utiliza para a ecolocación. A aleta dorsal ten pouca altura (realmente, máis que unha aleta é unha especie de crista), pero é moi longa, e as aletas pectorais son grandes; esta característica, xunto ao seu mediano tamaño e á falta de fusión das vértebras cervicais, confírenlle unha gran capacidade de manobra para desprazarse polos bosques inundados para capturar as súas presas.

Ten a dieta máis ampla entre os odontocetos. Aliméntase principalmente de peixes, dos que se identificaron 53 especies diferentes, e entre os que se encontran esciénidos, cíclidos e pirañas (caraciformes). Complementa a súa dieta con tartarugas de río e cangrexos.

Habita no curso dos principais afluentes do ríos Amazonas e Orinoco, por debaixo dos 400 m sobre o nivel do mar. Na temporada de chuvias desprázase ás zonas inundadas da selva, onde existe unha oferta maior de alimento.

En 2008 clasificouse na Lista vermella da UICN como especie con datos insuficientes, debido á incerteza con respecto á cifra total da poboación, a tendencia de variación e o impacto das ameazas, clasificación que se mantén a día de hoxe (2013).

A especie non foi obxecto de caza significativa pero, nas últimas décadas, convertéronse en ameazas principais a perda do hábitat, a contaminación ambiental e as capturas accidentais con artes a aparellos de pesca.

Polo seu rechamante ton rosado é unha das especies de odontoceto mantida en cativerio en varios acuarios do mundo, principalmente nos Estados Unidos, Venezuela e Europa. Porén, é unha especie difícil de adestrar e cunha mortalidade alta en catividade.

Taxonomía

O naturalista francés Henri Marie Ducrotay de Blainville describiu a especie en 1817 en Nouv. Dict. Hist. Nat., Nouv. ed., 9: 151, designándoa como Delphinus geoffrensis na honra do seu colega Étienne Geoffroy Saint-Hilaire.Inia geoffrensis en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World.

Posteriormente sería reclasificada dentro do xénero Inia, que fundara Alcide d'Orbigny en 1834, en Nouv. Ann. Mus. Hist. Nat. París, 3: 31.Inia en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World.

Na máis recente clasificación dos cetáceos (1998) Inia geoffrensis aparece como única especie do xénero, con tres subespecies recoñecidas.Rice, D. W. (1998): Marine mammals of the world: systematics and distribution. Society of Marine Mammalogy Special Publication Number 4, p. 231. A maioría da comunidade científica acepta esta clasificación como especie única, como o fan, entre outros, a UICN,Reeves, R. R., Jefferson, T. A., Karczmarski, L., Laidre, K., O’Corry-Crowe, G., Rojas-Bracho, L., Secchi, E. R., Slooten, E., Smith, B. D., Wang, J. Y. & Zhou, K. (2011): Inia geoffrensis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN 2013.1. o SIIT, o ou o WoRMS.Inia geoffrensis(de Blainville), 1817 en WoRMS.Inia geoffrensis Blainville, 1817) no SIIT.

Pero en 2012 a Sociedade para a Mastozooloxía Mariña (Society for Marine Mammalogy) considerou as subespecies boliviana (Inia geoffrensis boliviensis) e a amazónica (Inia geoffrensis geoffrensis) como especies independentes, Inia boliviensis e Inia geoffrensis, respectivamente."" Committee on Taxonomy. 2012. List of marine mammal species and subspecies. Society for Marine Mammalogy, www.marinemammalscience.org, consulted on May, 6 2012. miniatura|Inia Clasificación maioritariamente aceptada Xénero Inia d'Orbigny, 1834 Especie Inia geoffrensis (Blainville, 1817) – golfiño do Amazonas Subespecie I. g. geoffrensis (Blainville, 1817) Subespecie I. g. boliviensis d'Orbigny, 1834 Subespecie I. g. humboldtiana Pilleri et Gihr, 1978

Clasificación alternativa Xénero Inia d'Orbigny, 1834 Especie Inia boliviensis d'Orbigny, 1834 – golfiño boliviano Especie Inia geoffrensis (Blainville, 1817) – golfiño do Amazonas Subespecie I. g. geoffrensis (Blainville, 1817) Subsepecie I. g. humboldtiana Pilleri et Gihr, 1978

Características miniatura|Parella de Inia geoffrensis no zoo de Duisburgo en 2006. miniatura|Golfiño do Amazonas coa boca aberta, nun acuario. Na súa dieta están incluídas 43 especies de peixes diferentes, ademais de crustáceos e tartarugas. Diariamente consomen até o 2,5 % do seu peso corporal.

Inia geoffrensis é o golfiño de río máis grande. Os machos adultos alcanzan unha lonxitude e un peso máximos de 2,55 m (media 2,32 m) e 185 kg (media 154 kg), mentres que as femias, moito menores, chegan a medir e pesar até 2,15 m (media 2,00 m) e 150 kg (media 100 kg). É un dos cetáceos con dimorfismo sexual máis marcado (os machos miden e pesan entre o 16% e o 55% máis que as femias) sendo, neste sentido, único entre os golfiños de río, nos que as femias son polo xeral máis grandes que os machos.Carwardine, M. (1995), pp. 224-.227.Martin, A. and V. da Silva (2006): "Sexual dimorphism and body scarring in the boto (Amazon River dolphin) Inia geoffrensis". Marine Mammal Science, 22: 25-33.

A contextura do corpo é robusta, pero bastante flexíbel. A diferenza dos golfiños oceánicos, as súas vértebras cervicais non están fusionadas, permitiéndolle á cabeza unha ampla gama de movementos. A aleta caudal é ancha e triangular, cos extremos acabados en punta, os bordos posteriorers esgazados e cunha marcada fendedura central separando os lobos. En lugar de aleta dorsal ten unha xiba en forma de quilla, de pouca altura pero moi alongada, estendéndose desde a metade do corpo até a rexión caudal. As aletas pectorais son grandes, curvadas e en forma de remo; a lonxitude destas aletas permítenlle realizar movementos circulares dándolle unha manobrabilidade excepcional para nadar a través da vexetación na selva inundada (aínda que esta característica fai diminuír a velocidade da natación.

A cor do corpo varía coa idade. Os acabados de nacer e os xuvenís teñen un ton gris escuro, que na adolescencia se transforma en gris claro, e os adultos tórnanse en rosados como consecuencia da abrasión repetida da superficie da pel. Os machos tenden a seren máis rosados que as femias debido aos traumatismos máis frecuentes entre eles pola agresión intraespecífica (entre individuos da mesma especie).da Silva (2002): "Amazon Eiver Dolphin" en William F. Perrin, Bernd Wursig and J. G. M. Thewissen Encyclopedia of Marine Mammals, San Diego: Academic Press, pp. 26-28. ISBN 0-12-373553-X.

Nalgúns adultos a superficie dorsal é máis escura; crese que a diferenza na cor depende da temperatura, da transparencia da auga a da situación xeográfica. Rexistrouse un exemplar albino que foi mantido en catividade durante un ano nun acuario de Alemaña.

O cranio destes golfiños é pouco asimétrico comparado co dos doutros odontocetos. Ten un bico fino, prominente, lixeiramente curvado cara a abaixo, con sedas sensoriais curtas en ambas as mandíbulas, que están armadas con 25 a 28 pares de dentes longos e delgados. A dentición é heterodonte, é dicir, que as pezas dentarias difiren en forma e lonxitude: os dentes anteriores son cónicos, ramatados en agudas puntas, e os posteriores son máis planos e presentan rebordos na parte interna da coroa. Os dous tipos de dentes serven para diversas funcións: agarrar a presa e machucala.Best, Robin C. and Vera M. F. da Silva (1993): "Inia geoffrensis". Mammalian Species, 426: 1-8.Ver en PDF .

O ollos son pequenos (como en todos os golfiños de río), pero parece ter boa visión dentro e fóra da auga. Na fronte ten un melón de pequeno tamaño, cuxa forma pode modificar mediante control muscular cando o usa para a ecolocación. As meixelas son grandes e avultadas, e poden chegar a impedir a visión cara a abaixo, polo que normalmente nada en posición invertida.

Distribución miniatura|Brazo principal do río Amazonas preto da Fonte Boa, Brasil. Obsérvanse as múltiplas zonas inundábeis, lagoas e canles menores, hábitat do golfiño rosado ao longo do ano. miniatura|Inia geoffrensis boliviensis en Rurrenabaque, departamento del Beni, Bolivia.

Vive nas concas do río Amazonas e o Orinoco, en Venezuela, Colombia, Ecuador, Bolivia, Güiana e o Brasil, nunha área que comprende ao redor de sete millóns de quilómetros cadrados. Habita en todo o traxecto do río Amazonas e os seus principais tributarios, incluso en afluentes pequenos e lagos próximos, desde a súa desembocadura preto de Belém (Pará), até a súa orixe na confluencia dos ríos Marañón e Ucayali no Perú. Os seus límites están establecidos por cadoiros de auga infranqueábeis, como as dos ríos Xingú e Tapajós no Brasil, e as zonas de augas moi pouco profundas. Unha serie de rápidos e cadoiros no río Madeira illaron a poboación que alí vive, recoñecida como a subespecie I. g. boliviensis, ao sur da conca do Amazonas, en Bolivia.

Recoñécense tres poboacións separadas (que se corresponden coas tres subespecies): a da conca do Orinoco, a do Amazonas e a do Madeira. Estas poboacións amosan diferenzas físicas menores, e están separadas xeograficamente, pero parece que non son xeneticamente diferentes. Nalgunhas zonas pode aparecer a máis de 3000 km río arriba.

Adoita asociarse a Sotalia fluviatilis, o tucuxí,Voz tupí adoptada pola comunidade científica para designar esta especie na bibliografía. que é o outro único cetáceo da conca do Amazonas (é un golfiño oceánico que, ademais de vivir nas zonas do nordeste de Suramérica, se interna no Amazonas); ás veces comparte zonas de alimentación coa londra xigante (Pteronura brasiliensis).

É máis común nas unións turbulentas dos ríos principais cos seus afluentes, xusto por debaixo dos rápidos e cerca das ribeiras. Na época seca (agosto a novembro) está confinado nos ríos principais e os seus afluentes, pero na época das enchentes (decembro a xuño) adoita entrar nas xunglas e praderías inundadas, nadando con habilidade entre as árbores. Cando a auga descende (a partir de xullo), o seu nivel pode baixar até 10 m, e os golfiños poden quedar varados en charcas.

Bioloxía Lonxevidade miniatura|O golfiño rosado chamado "Apure", que logrou sobrevivir máis de corenta anos e morreu en catividade no zoo de Duisburgo, Alemaña.

A esperanza de vida do golfiño rosado na natureza descoñécese, pero en cativerio rexistrouse a sobrevivencia de individuos saudábeis por espazo de dez a trinta e un anos. Porén, a lonxevidade media en animais cativos é de só 33 meses. Con todo, calcúlase que un individuo chamado Apure conseguiu vivir máis de corenta anos, os últimos trinta e un dos cales no zoolóxico de Duisburgo, Alemaña.

Hábitat