Adam Stanisław Papée, nado en Lviv o 21 de xullo de 1895 e finado en Bydgoszcz o 6 de marzo de 1990, foi un tirador de esgrima polaco, gañador de dúas medallas olímpicas.
Traxectoria Educado en Cracovia, uniuse ás Lexións Polacas en 1914 ao comezo da primeira guerra mundial, ferido na batalla de Konary (1915) recibiu dúas veces a Cruz ao Valor. Despois da guerra estudou económicas e dereito (1918-1923). Papée foi un dos pioneiros da esgrima en Polonia, un dos fundadores da Asociación de Esgrima Polaca en 1922, e o seu presidente entre 1926 e 1930. Foi catro veces campión nacional polaco de sabre (1926, 1927, 1929 e 1932) e estivo en catro olimpiadas entre 1924 e 1936 logrando dúas medallas de bronce en sabre por equipos nos Xogos Olímpicos de 1928 e 1936. Foi tamén xuíz de esgrima desde 1923 (internacional desde 1930). Durante a segunda guerra mundial loitou na Insurrección de Varsovia (1944). Despois da guerra participou na reconstrución do tecido deportivo polaco, foi o primeiro vicepresidente da reconstruída Federación Polaca de Esgrima (1945) de retirarse da alta competición foi adestrador de varios clubs e publicou dous libros de memorias: Na planszach czterech olimpiad en 1957 e Na białą broń en 1987.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na web do Comité Olímpico Polaco
Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Polonia Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1932 Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Polonia Categoría:Directivos de esgrima Categoría:Árbitros de esgrima Categoría:Nados en Lviv Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1932 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1936