Santiago de Arteixo é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 12.772 habitantes (6.341 homes e 6.431 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 6.941 habitantes.

Patrimonio Castro de Figueiroa Castros de Laxobre

Festas O 25 de xullo celébranse as festas patronais do Apóstolo Santiago.

Na terceira fin de semana de setembro celébrase a Festa Histórica de Arteixo, ambientada a comezos do século XX.

En abril celébrase no Centro Cívico Cultural o concurso de música tradicional organizado pola asociación xuvenil Xiradella.

A última fin de semana de maio realízase a Festa das Flores; antes tiña lugar en zonas privadas e agora realízase polas rúas e vías de Arteixo.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Arteixo

Parroquias de Arteixo miniatura|dereita|As trece parroquias que conforman o concello de Arteixo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Arteixo

Categoría:Parroquias de Arteixo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior