Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, nado en Madrid o 17 de febreiro de 1978, é un historiador galego.
Traxectoria É fillo de Fidel Diéguez. Naceu en Madrid, onde fixou a súa residencia parte da familia paterna a finais dos anos 40 e de onde é a súa familia materna, e reside en Galiza desde 1992. Licenciouse en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Historia Contemporánea pola Universidade de Barcelona coa tese Nacionalismo Galego. Desarticulación, resistencia e rearticulación (1936-1975). É profesor na Universidade da Coruña, na que dirixe a Cátedra de Memoria Histórica da UDC. É membro do Padroado da Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza.
Os seus temas centrais de estudo e investigación son a historia do nacionalismo galego, os movementos sociais no tempo contemporáneo e a didáctica das Ciencias Sociais. Formou parte da primeira dirección dos CAE, e despois foi membro dos CAF, sendo claustral na Universidade de Santiago de Compostela entre 1998 e 2002, e da xunta reitora e padroado da Fundación Alexandre Bóveda desde 2003, entidade da que é presidente desde 2014 a 2016, sendo tamén un dos cofundadores de Murguía. Revista Galega de Historia, que dirixe desde 2003. É tamén impulsor, xunto a Xosé Estévez, do Manifesto Galeusca: 1933-2008 de historiadores, que deu lugar ao I Encontro Galeusca Historia (Barcelona, 2010), ao II Encontro Galeusca Historia (Bilbao, 2012) e ao III Encontro Galeusca Historia (A Coruña, 2015), ao IV Encontro Galeusca Historia (Palma de Mallorca, 2017), ao V Encontro Galeusca Historia (Gernika, 2019) e ao VI Encontro Galeusca Historia (Tarragona, 2021).
Ten colaborado tamén en diversas publicacións, como Praza, A Trabe de Ouro, Grial ou Terra e Tempo, así como en xornais e emisoras de radio (Cadena SER, Cuac FM e Radiofusión).
Obras Ensaio A Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto (2002). Fundación Alexandre Bóveda. 116 páxs. ISBN 978-84-920787-8-3. Álvaro de las Casas. Biografía, documentos e epistolario (2003). Vigo: Galaxia. 256 páxs. ISBN 978-84-8288-633-6. Síntese histórica do soberanismo galego (1846-1936) (2008). Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza. 62 páxs. ISBN 978-84-613-0100-3. Alexandre Bóveda nos seus documentos (2010). Difusora de Letras e Ideas. 132 páxs. ISBN 978-84-92958-01-6. Síntese da historia social e política da Galiza desde 1800: de Carral á Irmandade Galega (2011). Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza. 82 páxs. ISBN 978-84-613-9381-7. Nacionalismo galego aquén e alén mar. Desarticulación, resistencia e rearticulación (1936-1975) (2015). Santiago: Laiovento. 450 páxs. ISBN 978-8484872771.
Edicións A Nosa Terra nº 1. 14 nov. 1916 (2016). Universidade da Coruña/Deputación da Coruña.
Obras colectivas Mare Nostrum. A Importancia do Mar en Galicia. VIII Semana Galega de Historia (2001). Asociación Galega de Historiadores. Estudo socioeconómico da bisbarra de Ortegal, en Ortegal: olladas e perspectivas (2007). Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza. Libro e DVD. A presenza de Alexandre Bóveda no interior e no exilio (1936-1977), en A Galiza de Bóveda: actas - 2003, (2009). Universidade de Vigo. O nacionalismo galego nos seus programas políticos. O século XX, 2009, Fundación Galiza Sempre. Antón Moreda, memoria do exilio (2010). Asociación Galega de Historiadores. "A ollada exterior do nacionalismo galego (2010). Fundación Galiza Sempre. Síntese histórica do movemento obreiro galego: das orixes até 1984 (2010). Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza. Viaxes e construcción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936 (2011). Universidade da Coruña/Fundación Vicente Risco. Do Piñeirismo ao Consello da Mocedade. O rexurdir do nacionalismo galego (2013). Fundación Moncho Reboiras. Con Xoán Carlos Garrido Couceiro. Galego, português, galego-português (2013). Por Arturo de Nieves e Carlos Taibo (coordinadores), Através Editora. Liberalismo, institucionalización educativa y construcción nacional. Encuentros y desencuentros entre identidades: el caso gallego, en La Constitución de Cádiz (2013). Universidade de Cádiz. As Irmandades da Fala (1916-1931) (2016). Laiovento. A Transición en Galiza (coord) (2023). Santiago: Laiovento. 376 páxs. ISBN 978-84-8487-627-4. Política, sindicalismo, lingua e literatura, asociacionismo cultural, feminismo, comunicación e represión entre o tardofranquismo e a preautonomía
Participación en congresos Introducción á imprensa nacionalista na IIª República: "Alento", un caso singular, IX Congreso de Novos Historiadores de Galicia, 2001, Asociación Galega de Historiadores. O nacionalismo xuvenil na Galiza republicana: De "Ultreya" á creación da "Federación de Mocedades Galeguistas", (1932-1934), X Congreso de Novos Historiadores de Galicia, 2002, Asociación Galega de Historiadores. Protagonistas da Asemblea: Rajoy, Bóveda e Castelao, Xornadas A Asemblea de Concellos Pro-Estatuto de Galicia, 2008, Instituto Padre Sarmiento/CSIC. Xénese e evolución do nacionalismo galego no primeiro terzo do s. XX. Educación, formación patriótica e soberanismo, no Congreso Emigración e educación (1900-1936). I Centenario das Escolas da Unión Hispano-Americana Valle Miñor (1909-2009), 2009, Arquivo da Emigración Galega-Consello da Cultura Galega/Instituto de Estudos Miñoranos/Universidade de Vigo/Universidade de Santiago de Compostela/Universidade da Coruña. O galeguismo e arredismo galego en Cuba no marco do primeiro terzo do S. XX, no Congreso Trans-National Negotiations: Cuba and Galiza, 2010, College of Arts and Law of University of Birmingham.
Colaboración en documentais Galiza en Canarias, 2006, Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza. "O sector enerxético en Galiza: situación e perspectivas de futuro, 2011, Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza. Mundo do Traballo e organización de clase (1936-1960), en Síntese Histórica do Movemento Obreiro Galego, 2012, Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza. A Fazaña da Liberdade, 2013, Filmika Galaika. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor na Biblioteca Virtual Galega Galeusca Historia
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1978 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados na diáspora galega