thumb|200px|Diferenzas entre delfíns e toniñas ou marsopas. miniatura|200px|Phocoenoides dalli.
Os focénidos (Phocoenidae) son unha familia de cetáceos odontocetos da superfamilia dos delfinoideos, que inclúe as toniñas, touliñas ou marsopas, semellantes aos golfiños ou delfíns, pero máis pequenas e de corpo máis repoludo.
Son as especies máis pequenas da orde dos Cetacea, quitando a Cephalorhynchus commersonii, que pertence á familia dos delfínidos.
Etimoloxía A familia dos Phocoenidae foi establecida, e bautizada, por John Edward Gray en 1825, que derivou o seu nome do xénero tipo, Phocoena (ás veces escrito Phocaena), coa desinencia do latín científico -idae, propia dos nomes das familias de animais.
O xénero Phocaena foi establecido ern 1816 por Cuvier, e é unha adaptación do termo grego φώκαινα fókaina, que era o nome da toniña común neste idioma.φώκαινα en Axortagos.gr.
Diferenzas entre toniñas e golfiños Tamaño: as toniñas son máis pequenas (coa excepción citada antes), aínda que comparativamente máis robustas. Reprodución: as toniñas alcanzan a madurez sexual antes, e crían relativamente máis vástagos que os golfiños, poñendo o acento na cantidade e non na calidade da crianza, segundo os parámetros da teoría biolóxica da selección r. Dentes: as tomiñas teñen dentes aplanados en lugar de en forma cónica como os golfiños. Aleta dorsal: as tiniñas teñen unha aleta dorsal pequena e de forma triangular, e maesmo algunhas non a presentan, como no xénero Neophocaena, mentres que os golfiños teñen estas aletas de formas arredondadas. Fociño: arredondado nas toniñas, cos extremos da boca levantados no que parece un eterno soriso. Os delfíns adoitan ter en xeral un fociño aguzado en forma de bico.
Taxonomía A familia dos focénidos está composta por 3 xéneros totalizando 6 especies.Phocoenidae en SIIT.
En 1984, Barnes agrupou os 3 xéneros de dúas subfamilias:Phocoeninae en WoRMS.Phocoenoidinae en WoRMS.
Familia Phocoenidae Gray, 1825 Subfamilia Phocoeninae Barnes, 1984 Xénero Neophocaena Palmer, 1899 Neophocaena phocaenoides(Cuvier, 1829) Xénero Phocoena Cuvier, 1816 Phocoena phocoena (Linnaeus, 1758) – toniña común Phocoena sinusNorris & McFarland, 1958 Phocoena dioptricaLahille, 1912 Phocoena spinipinnis(Burmeister, 1865) Subfamilia Phocoenoidinae Barnes, 1984 Xénero Phocoenoides Andrews, 1911 Phocoenoides dalli (True, 1885)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.
Outros artigos Cetáceos Odontocetos Toniña común
Ligazóns externas Phocoenidae en ADW. Phocoenidae en WoRMS. Phocoenidae en NCBI. Phocoenidae en Lista vermella de especias ameazadas da INCN
Categoría:Phocoenidae