Planh. 10 poèmes de Anne-Marie Cazalis, avec un portrait de l'auteur par Valentine Hugo é o título dunha obra poética en francés de autoría de Anne-Marie Cazalis editada en París por Odette Lieutier en febreiro de 1944.

Anne-Marie Cazalis viña de gañar en 1943 cos poemas desta obra o premio de poesía Paul Valéry. A editorial tirou do prelo apenas 250 exemplares da obra en edición artesanal feita a man.http://www.worldcat.org/title/planh-10-poemes/oclc/717013542

A obra foi reeditada en 2012 en versión cuadrilingüe en francés, portugués, español e inglés.

O título da obra, Planh, fai referencia a un xénero poético en lingua occitana da Idade Media no cal o trobador choraba a morte dun defunto.

Notas

Categoría:Obras literarias en francés