Telemachos Karakalos ( en grego Τηλέμαχος Καράκαλος), nado en Dimitsana en 1866 e finado o 15 de xuño de 1951, foi un militar e tirador de esgrima grego, gañador dunha medalla olímpica.
Traxectoria Coronel de artillaría, pertencía ao Athens Club. Participou nos Xogos Olímpicos de 1896 de Atenas, competiu en sabre individual, gañando a Georgios Iatridis, Adolf Schmal e Holger Nielsen e perdendo co seu compatriota Ioannis Georgiadis, o que o colocou no segundo lugar, equivalente á medalla de prata. No ano 1897 loitou na Guerra Greco-Turca. Participou nos Xogos Olímpicos de 1900 de París con Georgiadis pero o xurado anulou a súa actuación por golpes impropios. Combateu tamén na Primeira Guerra Balcánica en 1912 e desde 1913 foi profesor de xeografía e historia militar na Academia do Exército. Escribiu a obra Εισαγωγή της γυμναστικής στο στράτευμα, unha introdución á práctica da ximnasia no exército, e foi autor dun manual de xeografía militar e de historia militar publicado en 1914.
Categoría:Nados en 1866 Categoría:Nados na periferia do Peloponeso Categoría:Finados en 1951 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Grecia Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Grecia Categoría:Militares de Grecia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1896 Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1896