Evanescence é un grupo musical estadounidense que se formou en Little Rock (Arcansas) en 1994. O seu estilo musical é rock-metal alternativo e metal gótico.
Historia A andaina deste grupo comezou nun campamento xuvenil cando se atoparon Ben Moody (guitarra) e Amy Lee (voz) hai varios anos, mentres ela estaba cantando. Ben e Amy comezaron a gravar cancións baixo o nome de Evanescence, con sons de metal e música electrónica que pouco a pouco comezaron a soar na radio. Despois disto David Hodges (teclados) únese á banda.
En 1999 gravan Sound asleep, que é só unha edición limitada de 50 copias. No 2000 gravan o seu primeiro álbum, Origin, como edición limitada e vendéronse todas as copias. Para as escenificacións en vivo uníanse Will Boyd (baixo), John Lecomp (guitarra) e Rock Gray (batería). Ese mesmo ano Hodges deixa a banda e Lecompt e Gray quedan como membros permanentes do grupo.
A súa música medraba en popularidade nos Estados Unidos de América e iso levou a que a súa canción Bring me to life, xunto co tema "My inmortal", fosen agregados á banda sonora da película Daredevil.
O 4 de marzo do 2003 edítase Fallen, a obra cumio do grupo ata o momento, onde demostran por que chegaron a onde están. Da voz de Amy díxose que é capaz de crear noites enteiras de insomnio a quen a escoite. A finais do ano 2004 publican un disco do seu directo en París, Anywhere but home.
Discografía Álbum Ano Selo Fallen 2003 Wind-up The Open Door 2006 Evanescence 2011 Synthesis || 2017 || rowspan="2" | BMG |- |The Bitter Truth|2021 |- |Sanctuary''2026BMG, Columbia Records
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do grupo
Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de metal alternativo Categoría:Grupos musicais de metal gótico Categoría:Grupos musicais de Arcansas Categoría:Grupos musicais formados en 1995 Categoría:Grupos musicais separados en 2012 Categoría:Grupos musicais reunidos en 2015