miniatura|250px|Logo do Parque Nacional Vatnajökull. O Parque Nacional Vatnajökull (Vatnajökulsþjóðgarður en islandés) é un dos tres parques nacionais de Islandia, e o segundo de maior extensión de toda Europa, despois do Parque Nacional Yugyd Va de Rusia. O 5 de xullo de 2019, o Parque Nacional Vatnajökull foi inscrito como Patrimonio da Humanidade.

Historia O Parque Nacional Vatnajökull foi creado o 7 de xuño de 2008, incorporando á súa vez os antigos parques de Jökulsárgljúfur (creado en 1973) e Skaftafell (creado en 1967).

No momento da súa inauguración, ocupaba uns 12.000 km², mais a recente incorporación do complexo volvánico Lakagígar e o lago Langisjór, fixeron que na actualidade o parque conte con 13.600 km² de superficie, o que representa un 13% da illa de Islandia. Abrangue a totalidade do glaciar Vatnajökull, o meirande do país e un dos máis grandes de Europa, así como a rexión de Askja.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do parque Mapa do Parque Nacional Vatnajökull

Categoría:Parques nacionais de Islandia Categoría:Áreas protexidas establecidas en 2008 Categoría:Patrimonio da Humanidade en Islandia