A Diocese de Pittsburgh (en latín Dioecesis Pittsburgensis) é unha diocese da Igrexa Católica Latina, estabelecida en Pensilvania o 11 de agosto de 1843. A diocese inclúe 215 parroquias nos condados de Allegheny, Beaver, Butler, Greene, Lawrence e Washington. A súa catedral é a Catedral de Saint Paul.

Historia A diocese de Pittsburgh foi erixida polo papa Gregorio XVI en territorios da diocese de Filadelfia o 11 de agosto de 1843. Cedeu territorio para a creación da diocese de Erie o 29 de xullo de 1853. A diocese de Altoona foi erixida o 30 de maio de 1901 e a diocese de Greensburg o 10 de marzo de 1951, en terreos da diocese de Pittsburgh.

Episcopoloxio Bispos diocesanos Michael O'Connor, SI (1843–1853) (1854–1860) Michael Domenec, CM (1860–1876) John Tuigg (1876–1889) Richard Phelan (1889–1904) Regis Canevin (1904–1920) Hugh Charles Boyle (1921–1950) John F. Dearden (1950–1958) John J. Wright (1959–1969) Vincent Martin Leonard (1969–1983) Anthony J. Bevilacqua (1983–1987) Donald W. Wuerl (1988–2006) David A. Zubik (2007–actualidade)

Notas

Pittsburgh Pittsburgh