miniatura|Sardiñas do Pacífico. miniatura|Cardume de sardiñas de California. miniatura|Debuxo. Sardinops sagax (Jenyns, 1842) é un peixe osteíctio mariño da familia dos clupeidos, dentro da orde dos clupeiformes, único representante do xénero Sardinops.
Etimoloxía O xénero, Sardinops, deriva do de Sardina,Véxase a etimoloxía en Sardiña. e da forma latina -ops, derivada do grego antigo ώψ óps, "vista", co significado de "parecido", "da mesma aparencia".
O nome específico, sagax é un adxectivo latino, sagax, -acis, que significa "que ten o olfacto fino", "sagaz".
Características Ten o corpo alongado e pode alcanzar os 39 cm de lonxitude, aínda que normalmente non pasa dos 20, e até 486 g de peso. A súa columna vertebral está composta de 48 a 54 vértebras. A aleta dorsal está sustentada por de 12 a 21 raios brandos, e a aleta anal, algo máis grande, ten de 13 a 19 raios, así mesmo brandos. Sardinops sagax (Jenyns, 1842) ewn FishBase
Hábitat e bioloxía Distribúese polas costas do Pacífico, desde o sur de Alasca até a Terra do Fogo, polas illas da Micronesia, sueste asiático, desde a China até Indonesia, Nova Zelandia, Australia, por todas as costas do norte do océano Índico, desde Indonesia até o cabo da Boa Esperanza, e incluíndo as illas índicas, e polo Atlántico sur, dobrando este cabo, até o sur do golfo de Guinea.
É un peixe mariño, peláxico-nerítico, oceanódromo.Riede, K. (2004): "Global register of migratory species - from global to regional scales". Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Alemaña, propio dos mares de clima subtropical (augas de 9 °C a 21 °C; latitude de 61 °N a 47°S; lonxitude de 145°W a 180 °E) que vive desde a superficie atá os 200 m de profundidade.Kailola, P. J., M. J. Williams, P. C. Stewart, R. E. Reichelt, A. McNee e C. Grieve, (1993): Australian fisheries resources. Bureau of Resource Sciences. Canberra: Australia.
Os individuos xuvenís aliméntanse principalmente de zooplancto (sobre todo copépodos), e os adultos de fitoplancton.Baird, D. (1970): "Age and growth of the South African pilchard, Sardinops ocellata". Invest. Rep. Div. Sea Fish. S. Afr. 91: 1-16.
A reprodución, como en todos os clupeidos, é ovípara, e os ovos son peláxicos, así como as larvas.Davies, D. H. (1956): "The South African pilchard (Sardinops ocellata). Sexual maturity and reproduction 1950-1954". Invest. Rep. Div. Sea Fish. S. Afr. 22: 1-155. Poden vivir até os 25 anos de idade.
Outros sinónimos
Non é de estrañar que unha especie que teña unha área de distribución tan ampla fora descrita en diversos puntos por diferentes autores, polo que, ademais dos sinónimos citados na caixa taxonómica ten os seguintes:Sardinops sagax en WORMS
Alausa californica (Gill, 1862) Alosa musica (Girard, 1855) Arengus sagax (Jenyns, 1842) Clupanodon caeruleus (Girard, 1854) Clupea advena (Philippi, 1879) Clupea caerulea (Mitchill, 1815) Clupea melanosticta (Temminck & Schlegel, 1846) Clupea neopilchardus (Steindachner, 1879) Clupea ocellata (Pappe, 1853) Clupea sagax (Jenyns, 1842) Meletta caerulea (Girard, 1854) Sardina caerulea (Mitchill, 1815) Sardina neopilchardus (Steindachner, 1879)
Así como tamén moitos outros sinónimos vulgares:Froese, Rainer e Pauly, Daniel eds. (2006): "Sardinops sagax" en FishBase.
South American pilchard (sardiña suramericana) blue pilchard (sardiña azul) Australian pilchard (sardiña australiana) Californian pilchard (sardiña de California) Chilean sardine (sardiña chilena) Japanese pilchard (sardiña xaponesa) Pacific sardine (sardiña do Pacífico) Southern African pilchard (sardiña surafricana) entre outros.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Clupeiformes Clupeidos Sardiña
Ligazóns externas Sardinops sagax (Jenyns, 1842) en FishBase . Contén informacións da especie, imaxes e mapa de distribución. Sardinops sagax (Jenyns, 1842) en Catalogue of Life. Xuño de 1913.Sardinops sagax en ITIS (en inglés)''
Categoría:Clupeiformes