O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro"Lavacolla xa é, oficialmente, Aeroporto Rosalía de Castro". Nós Diario, 2 de abril de 2020 , tamén coñecido como aeroporto da Lavacolla ou simplemente como aeroporto de Santiago, é un aeródromo situado preto do lugar da Lavacolla, Sabugueira, Santiago de Compostela. Aínda así, boa parte das pistas de rodaxe e aterraxe sitúanse tamén en terras das parroquias de Pereira, no concello do Pino e, en moita menor medida, de Loureda, no de Boqueixón.
Na actualidade está xestionado por AENA, e abrangue a maior parte do tráfico aéreo en Galicia, tanto nacional como internacional. Ofrece voos regulares a 27 destinos, 21 deles durante todo o ano e o resto estacionais.
Historia O aeroporto de Santiago de Compostela comenza a súa andaina no ano 1932, cando un grupo de afeccionados da aeronáutica constrúe un aeroclub na cidade, máis concretamente, no termo municipal da Enfesta. Nos seus inicios, o aeroporto contou con tres zonas de aterraxe formando un triángulo de pistas de dimensións 1100 por 200 m, 950 × 150 m e 600 × 125 m.
O aeroporto adquiriu protagonismo militar coa chegada da guerra civil española, mais non é ata 1937 cando o día 27 de setembro se iniciaron os servizos comerciais regulares coa liña Santiago-Salamanca-Valladolid-Zaragoza, operando nun aeroporto que só contaba cun barracón de madeira para albergar os pasaxeiros.
En 1939 e 1940 un batallón de 388 traballadores, prisioneiros políticos, traballaron na construción do aeroporto e na ampliación das pistas.
No ano 1948 iniciáronse obras de asfaltado da pista e no ano 1953 construíuse a pista de rodaxe e o estacionamento. Non é ata os anos sesenta cando se pode falar dun grande aeroporto comercial, posto que é nesta década cando se fan obras de especial transcendencia, como son o parque contra incendios, a nova torre de control, melloras nas pistas de aterraxe e de rodaxe, e se constrúe a nova terminal de pasaxeiros.
Nos anos 80 construíuse a terminal de carga, que se tivo que ampliar posteriormente debido á forte demanda de mercancías que sofre Santiago polo aire. Un factor fundamental na operatividade do aeroporto foi a instalación do sistema ILS Cat II/III no ano 1993, que permite á aviación operar en condicións meteorolóxicas de baixa visibilidade e reducir así as cancelacións e desvíos de voos.
Xa por último, os Anos Santos Composteláns, que se celebran cando o 25 de xullo coincide en domingo, teñen sido de importancia para o desenvolvemento do aeroporto, posto que coincidindo con eles tense levado a cabo importantes melloras. Así, co motivo do Ano Santo de 2010 construíuse unha nova terminal de pasaxeiros.
En xaneiro de 2016, a corporación municipal de Santiago acordou, por unanimidade, solicitar o cambio de nome do aeroporto para bautizalo como aeroporto Rosalía de Castro. A proposta recibiu nos días seguintes o apoio unánime do Parlamento galego, da Xunta de Galicia, da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, e tamén o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, manifestou o apoio do goberno nacional á iniciativa .
Aeroliñas e destinos
Comunicacións miniatura|Diagrama do aeroporto O aeroporto encóntrase comunicado coa cidade de Santiago de Compostela a través da autovía A-54, dende a cal se accede facilmente cara ao centro da cidade a través do periférico SC-20. Grazas á autoestrada AP-9 (de peaxe) é posible chegar a Santiago de Compostela dende Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo. O mesmo ocorre co ferrocarril da Renfe, que opera con trens cada hora entre as cidades da Coruña e Vigo e dende aí desprazarse ata o aeroporto.
O autobús é unha das opcións coas que conta, con servizos dende as 6:50 ata as 23:30, todos eles procedentes da estación de autobuses de Santiago e da rúa Doutor Teixeiro, que se atopa no centro da cidade. Existen tamén dúas liñas de autobuses directas dende as cidades da Coruña (1 servizo diario) e Lugo.
Datos de tráfico Dende a implantación no aeroporto das compañías de baixo custo, como Ryanair, Vueling, ou easyJet, experimentouse un aumento progresivo do número de pasaxeiros, aínda que perdeu peso na cota de mercado dos tres aeroportos galegos, movendo por primeira vez en anos menos do 50 % do total de pasaxeiros de Galicia.
É o 16º aeroporto na clasificación a nivel nacional de tráfico aéreo e é o 8º aeroporto na clasificación de tráfico aéreo da Península Ibérica (datos 2017). Durante o ano 2016 produciuse un aumento do número de pasaxeiros do 9,3 % con respecto ó ano 2015 e o número de operacións aumentou nun 3,6 %. Este foi o primeiro ano da súa historia no que superou a barreira dos 2 millóns e medio de pasaxeiros, cantidade acadada un día antes do final de ano.
En canto ó número de mercancías transportadas, houbo un descenso pasando do ano 2000 de 6 733 877 kg a 2 693 251 kg no 2017, aínda que ese ano o tráfico de carga medrou un 17,3%.
+Pasaxeiros do aeroporto de Santiago 2000-2022 (en millóns)
AnoNº de pasaxeirosT MercancíasOperacións20001 332 8966.73319.66020011 281 3346.28819.08420021 240 7305.71617.36220031 381 8265.31818.45420041 580 6754.93821.59320051 843 1183.80525.69320061 994 5192.58724.71220072 050 1212.74924.63720081 917 4662.41821.94520091 944 0681.98820.16620102 172 8691.96421.24720112 464 4311.78722.317 20122 194 6111.81519.50920132 073 0551.92818.66820142 083 8732 09519 431 20152 296 4092 31120 54120162 510 7402 29621 27720172 644 9252 69321 52020182 724 7503 01921 83920192 903 4273 20122 3962020935 3942 98110 94920211 653 6634 94015 37620223 002 6004 35623 633Fonte: AENA
Estatísticas das rutas +Rutas nacionais máis transitadas (2018) Posto Cidade Pasaxeiros Compañías aéreas 1 Madrid-Barajas 673.936Ryanair, Iberia Express 2 Barcelona-El Prat 433.678 Ryanair, Vueling 3 Palma de Mallorca 158.247Ryanair, Vueling, Air Nostrum 4 Alacant 122.280Ryanair, Vueling, Air Europa 5 Málaga 115.579Ryanair, Vueling, Air Europa 6 Valencia 94.387Ryanair, Air Europa 7 Gran Canaria 92.585Ryanair 8 Tenerife Sur 80.171Ryanair 9 Sevilla 75.652 Ryanair 10 Lanzarote 75.517Ryanair, Vueling +Rutas internacionais mais transitadas (2018) Posto Cidade Pasaxeiros Compañías aéreas 1 Xenebra-Cointrin 98.585 easyJet 2 Londres-Stansted 77.043 Ryanair 3 París-Charles de Gaulle 53.381 Vueling 4 Bérgamo-Orio al Serio 45.844 Ryanair 5 Basilea-Mulhouse 44.504 easyJet 6 Dublín 44.024 Aer Lingus 7 Frankfurt-Hahn 42.359 Ryanair8Frankfurt-Internacional41.047Lufthansa 9 Zürich 39.505 Vueling 10 Londres-Gatwick 34.484 easyJet
Nova terminal e melloras previstas O 4 de maio de 2007 AENA presentou o proxecto da nova terminal de pasaxeiros do aeroporto, con capacidade para máis de 4 millóns de pasaxeiros. O edificio ten un total de 74.230 m² e ten 32 mostradores de facturación, 8 hipódromos de recollida de equipaxes, 12 portas de embarque e 3.665 prazas de aparcadoiro. Pretendíase inaugurala no 2010, coincidindo co próximo ano santo compostelán, pero finalmente foi inaugurada na segunda metade de 2011.
Entre outras melloras aeroportuarias previstas nas actuais instalacións están a mellora da capa de rodaxe da pista de aterraxe, a ampliación da plataforma de aeronaves, as intervencións no sistema eléctrico, melloras do aparcadoiro e outras pequenas intervencións no interior da vella terminal.
Aeroportos en Galicia En Galicia a máis do Aeroporto de Santiago de Compostela hai dous aeroportos con conexións internacionais: Aeroporto da Coruña, tamén coñecido como aeroporto de Alvedro, na Coruña; Aeroporto de Vigo, tamén coñecido como aeroporto de Peinador, en Vigo; Tamén hai varios aeródromos (Ponteareas, Monterroso, Lugo etc.), que permiten gozar aos afeccionados da aviación.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Accidente da Lavacolla Ligazóns externas Páxina web do aeroporto
Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela Lavacolla Categoría:Transporte na provincia da Coruña