O accidente de Cans foi un accidente de autobús que tivo lugar en 1955 na aldea de Cans, e no que faleceron 31 persoas.
Datos O accidente sucedeu na mañá do 26 de febreiro de 1955, cando un coche de liña que facía o percorrido entre O Porriño e Ponteareas se saíu da estrada ao seu paso por Cans. O vehículo envorcou e incendiouse. Unha boa parte dos cadáveres foron carbonizados.
Consecuencias Faleceron 31 persoas. Once máis, incluído o condutor, foron feridas, e unicamente dúas persoas resultaron ilesas. Non se realizaron investigacións sobre as causas. O condutor, que era natural de Redondela emigrou posteriormente ao Brasil.
No lugar do accidente erixiuse un monumento de lembranza financiado por un grupo de emigrantes en Buenos Aires.
Notas
Cans Categoría:1955 Categoría:O Porriño Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes