Rafael García García, coñecido habitualmente como Rafa García, nado o 14 de xaneiro de 1986 en Cidade Real, é un futbolista profesional español da canteira do Real Madrid, que xoga como mediocentro no Deportivo Alavés tras deixar o FC Dinamo Tbilisi sen chegar a xogar.
Traxectoria Nado en Cidade Real, criado na vila próxima de Las Casas, tivo como primeiro club o Albacete Balompié, no que se formou nas súas categorías inferiores. Regresou un ano á súa cidade natal, para despois pasar aos equipos inferiores do Real Madrid e finalmente ao Getafe B. No equipo madrileño, chegou facer a pretempada co primeiro equipo, mais preferiu enrolarse nas filas do Rayo Vallecano B para completar a súa formación, debido ás boas referencias que tiña da súa canteira.
Na tempada 2009-10, co traspaso de Mohamed Diamé ao Wigan Athletic e tras realizar a pretemporada entre o primeiro e o segundo equipos, convence ao técnico Pepe Mel para que pasase a formar parte dos xogadores do primeiro equipo do Rayo Vallecano. Durante a súa primeira tempada no primeiro equipo alterna titularidade con Movilla e Michel no centro do campo. Na tempada 2010-11 perde presenza no equipo titular, mais é parte importante no ascenso do Rayo de José Ramón Sandoval á Primeira División.
Na tempada 2011-12 comeza a tempada no Rayo en Primeira, completando toda a primeira volta e xogando catro partidos. No mercado invernal, é cedido ao Xerez Club Deportivo no que xogaría un total de 18 partidos na segunda volta da Segunda División. Ante o interese do club andaluz volver ser cedido, mais o 8 de outubro de 2012 o club xerezano anuncia que se descubriu unha anomalía no seu corazón, polo que debe deixar o fútbol de forma preventiva á espera de novos estudos médicos. Pouco despois descártase calquera tipo de problemas e volve xogar normalmente, sempre como titular no mediocentro do Xerez. O 5 de agosto de 2013, asina como novo xogador do Club Deportivo Lugo.
Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesS.S. ReyesSegunda B2005-200640Getafe BTerceira2006-2007Getafe BTerceira2007-2008351Rayo Vallecano BTerceira2008-2009300Rayo VallecanoSegunda2009-2010241Rayo VallecanoSegunda2010-2011170Rayo VallecanoPrimeira2011-201240XerezSegunda2012180XerezSegunda2012-2013210LugoSegunda2013-2014250Dinamo TbilisiUmaglesi Liga201400Deportivo AlavésSegunda2014-2015
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en Soccer Data Base
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Cidade Real Categoría:Futbolistas de Castela-A Mancha Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da UD San Sebastián de los Reyes Categoría:Xogadores do Getafe CF B Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano B Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Xerez CD Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do FC Dinamo Tbilisi Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do CF Reus Deportiu Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol