Rawson é a cidade capital da provincia arxentina do Chubut, e cidade cabeceira do departamento homónimo, sendo a capital provincial de menor poboación do país. É unha cidade dedicada á administración, con varios edificios gobernamentais dos anos 1970, que ademais ten diversos atractivos culturais.
A cidade atópase no val inferior do río Chubut, a 7 km da desembocadura do río no océano Atlántico. Nese lugar encóntrase Puerto Rawson, de actividade netamente pesqueira, onde destaca a "frota amarela", de barcos que pescan maiormente merluzas e lagostinos. Ademais, a 600 metros do porto atópase Playa Unión, balneario sobre mar aberto que recibe grande afluencia de turistas cada verán.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Concejo Deliberante de la ciudad de Rawson Universidad del Chubut
Categoría:Cidades da Arxentina Categoría:Provincia de Chubut