Ilza Rosario, máis coñecida como Ilsa é unha cantante e compositora ruso-cubana residente nos EUA. Ten un contrato co selo discográfico Liverpool Music.

Traxectoria Ilza Rosario naceu na Habana filla de pai ruso e nai cubana. Ela mudase cos país a Moscova pouco tempo despois de nacer. Ela estuda piano no conservatorio de Moscova e cando so tiña sete anos estuda composición. Con doce anos mudase de novo á Habana onde segue os seus estudos musicais no conservatorio Amadeo RoldanBiografía de Ilza Rosario (en inglés).

Tempo despois múdase a Miami, a súa residencia actual, onde intenta meterse na industria profesional da música, e consegue asinar un contrato co selo discográfico indie español Liverpool Music onde grava o seu primeiro disco XS (Extra Small) e triunfa na España, chegando a facer unha xira nacional e outra xira nacional cos grupos Calle París e Wagon Folk e ser abreconcertos de cantantes como Luis Fonsi. Os seus sinxelos, La sonrisa de la luna ("O sorriso da lua") e Muñeca ("Boneca") chegan a posicionarse nunha das listas máis importantes do país, Los 40 Principales. Coa súa fama no país, SingStar asina un contrato para que La sonrisa de la luna apareza no xogo, nun formato físico e dispoñíbel na SingStore.

Discografía Albumes Título Detalles do Álbum XS (Extra Small) Data de lanzamento: 30 de abril de 2009 Selo discográfico: Liverpool Music Formato: CD, Descarga dixital

Sinxelos + Lista de sinxelos de Ilsa Título Ano Posición nas listas. Álbum40P "La Sonrisa de la luna" 2009 26 XS (Extra Small) "Muñeca" 31

Filmografía Cine Hands of Stone (2014) Mi deuda con Ilsa (curtametraxe) (2013) Televisión Último aviso (2011) Burn Notice: The Fall of Sam Axe (TV Filme) (2011) Tu voz estéreo (2010) La piloto 2, Regreso al cielo (2018)

Videoclips Bongo - Me Falta (2013) Julio Reyes - No Inventes (2012) Ilsa - Chico malo (2009) Ilsa - Muñeca (2009) Ilsa - La sonrisa de la luna (2009) Ilsa - Otra vez (2007) Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ilsa en IMDb

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados na Habana Categoría:Vocalistas Categoría:Músicos de Cuba Categoría:Músicos de Rusia