54 Piscium b (HD 3651 b) é un planeta extrasolar, de cando en vez catalogado coma 54 Piscium Ab, a fin de diferencia-la pertenza á súa estela nai, xa que foi confirmado que 54 Piscium é unha binaria, co descubrimento dunha anana marrón (54 Piscium B) no sistema. Está a unha distancia de aproximadamente 36 anos luz, na constelación de Pisces. O planeta foi descuberto orbitando ó redor da estrela anana laranxa 54 Piscium. A masa mínima do planeta é unha quinta parte dunha masa de Xúpiter, a súa órbita é moi excéntrica e tarda algo máis de dous meses en completala.

Descubrimento

O 16 de xaneiro de 2002, un equipo de astrónomos (liderado por Geoff Marcy) anunciou o descubrimento dun planeta extrasolar ó redor de 54 Piscium usando o método de detección por velocidade radial, un proceso utiliza o efecto de "oscilación" que unha estrela pode experimentar cando algo está tirando dela, para establece-la presenza dun corpo planetario. O planeta estimase que ten unha masa de só o 20 por cento da masa de Xúpiter (outorgándolle ó planeta un tamaño e masa semellantes ós de Saturno).

Órbita e masa miniatura|left|Impresión artística da anana marrón 54 Piscium B e do planeta 54 Piscium b.

O planeta orbita seu sol, a unha distancia de 0,28 UA (o que faría que estivese dentro da órbita de Mercurio), e lévalle preto de 62 días completa-la súa órbita. O planeta ten unha alta excentricidade orbital, cun valor duns 0,63. A órbita altamente elíptica suxeriu que a gravidade dun obxecto invisíbel máis afastado da estrela estaba tirando cara a fóra do planeta. A órbita excéntrica confirmouse co descubrimento dunha anana marrón dentro do sistema.

Perturbacións A órbita dun planeta do tipo Terra debería estar centrada dentro das 0,68 UAIsto basease na raíz cadrada de luminosidade relativa da estrela respecto do Sol, pola lei do inverso do cadrado. (ó redor da distancia orbital de Venus), que nun sistema Kepleriano significa un período orbital 240 días. Nunha simulación posterior (do ano 2006) que incluía á anana marrón, a órbita de 54 Piscium b "varría e limpaba" a maioría das partículas da proba dentro das 0,5 UA, deixando só asteroides "en órbitas de baixa excentricidade preto da distancia do apoastro do planeta, preto da resonancia 1:2". Ademais, as observacións descartaron a posibilidade da presenza de planetas tipo Neptuno ou de planetas máis pesados, ​​cun período dun ano ou menos; aínda que si permite a posibilidade da presenza de planetas do tamaño da Terra a unha distancia de 0,6 UA ou máis.

Notas

Véxase tamén Outros artigos 109 Piscium b Ligazóns externas

Categoría:Planetas extrasolares Categoría:Constelación de Pisces