A herba da envexa, pervinca ou cangroiaNomes vulgares galegos en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004.Vinca difformis, é unha especie de planta medicinal pertencente á familia das apocináceas. É orixinaria da conca do Mediterráneo. En Galiza considérase especie invasora, de feito atópase na lista de Flora invasora de Galicia elaborada pola Xuntahttp://www.medioruralemar.xunta.es/areas/conservacion/biodiversidade/especies/especies_invasoras/flora_invasora_de_galicia/ Flora invasora de Galicia na Web da Consellaría do Medio Rural.

Descrición Vinca difformis esténdese polo chan con longas ramas cubertas por follas arredondadas, brillantes e opostas. As flores son de cor azul suave, ás veces poden semellar brancas, teñen un longo tubo que se abre en cinco lóbulos un pouco asimétricos, que recordan un pouco a imaxe dunha hélice. Florea durante o inverno e a primavera.

Distribución e hábitat É orixinaria da conca do Mediterráneo. Na Península Ibérica atópase no levante. É camefito, atopándose en zonas sombrizas, silveiras, pedregueiras e bordos de camiños.

Citoloxía Número de cromosomas de Vinca difformis (Fam. Apocynaceae) e táxones infraespecíficos

Vinca difformis Pourr. Proves Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955). 2n=230.

Vinca difformis Pourr. Proves Sur la caryologie de quelques plantes récoltées pendant la III Reunion de Botanique Péninsulaire. Fernandes, A. & M. Queirós (1971) Mem. Soc. Brot. 21: 343-385 2n=46.

Sinonimia Vinca intermedia

Propiedades Contén alcaloides diferentes aos das outras especies do xénero, entre os que salientan a vincamedina e a sarpaxina.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Vinca difformis en Herbarivirtual (en catalán)

Categoría:Vinca Categoría:Plantas invasoras Categoría:Plantas medicinais