Andrés Ares Díaz, nado en Corvelle (Vilalba) en 1891 e finado en Barallobre (Fene) o 3 de outubro de 1936, foi un sacerdote galego.
Traxectoria Foi párroco do Monte (Xove) e dende 1931 do Val de Xestoso (Monfero). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi denunciado por negarse a entregarlle aos sublevados a recadación da colecta para a festa dos Remedios que se ía celebrar o primeiro domingo de setembro. Acusado de entregar cartos para o Socorro Vermello Internacional, foi arrestado por un grupo de falanxistas e gardas civís que o levaron a Pontedeume e despois a Barallobre onde confesou co párroco Antonio Casas. Levárono ao cemiterio e executárono ás 11 da mañá do 3 de outubro de 1936, para escarmentar ao cura de Barallobre, sospeitoso de colaborar cos republicanos.Boletín Eclesiástico del Obispado de Mondoñedo, 20-10-1936, p. 2. Na súa partida de defunción indicase que foi eliminado pola Garda Civil, ao intentar fuxir cando era conducido a practicar unha dilixencia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas A vida valía menos que unha pataca
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilalba
Categoría:Nados en 1891
Categoría:Finados en 1936