Pablo Iglesias Turrión, nado como Pablo Manuel Iglesias Turrión en Madrid o 17 de outubro de 1978, é un politicólogo, presentador de televisión e expolítico español. Foi vicepresidente segundo e ministro de Dereitos Sociais e Axenda 2030 do Goberno de España entre 2020 e 2021. Foi secretario xeral do partido Podemos dende 2014 até o 5 de maio de 2021.
Doutor en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid, onde tamén traballou como profesor titular interino, foi un dos fundadores de Podemos en 2014, ano no que foi elixido deputado do Parlamento Europeo por devandita formación. Posteriormente foi deputado no Congreso durante a XI, XII, XIII e XIV lexislaturas. Como presentador de televisión conduciu os programas Fort Apache (Hispan TV), La Tuerka e Otra vuelta de tuerka (Público TV).
Dimitiu como ministro e vicepresidente do Goberno para ser candidato á presidencia da Comunidade de Madrid. No mesmo día das eleccións á Asemblea de Madrid de 2021, anunciou que abandonaba a primeira liña política por mor dos seus malos resultados electorais.
Traxectoria Licenciado en Dereito en 2001 e en Ciencia Política en 2004 (con premio extraordinario), rematou a tese de doutoramento en 2008 cunha tese doutoral sobre a acción colectiva postnacional. Obtivo o máster en humanidades (2010) pola Universidade Carlos III de Madrid cunha tese sobre análise político do cine; e o Master of Arts in Communication (2011) polo European Graduate School (Suíza).
Activismo político Situado na esquerda política, é voceiro do Consello Executivo da Fundación Centro de Estudios Políticos y Sociales (Fundación CEPS), "dedicada á produción de pensamento crítico e ao traballo cultural e intelectual para fomentar consensos de esquerdas".
En 2001 participou no Movemento de resistencia global onde defendeu a desobediencia civil como forma de loita, e boa parte da súa actividade académica, incluíndo a súa tese doutoral, versou sobre este tema.
Foi invitado por Izquierda Unida a participar no seu proceso de refundación da esquerda. Con Producciones CMI realizou anuncios de campaña para IU nas eleccións municipais de España de 2011 e foi asesor da mesma formación para as eleccións xerais e de Alternativa Galega de Esquerda para as eleccións galegas. Con motivo do Aniversario do Partido Comunista de España, presentou en 2012 un programa especial de La Tuerka dende a festa do partido onde debateron sobre o mesmo.
Actividade nos medios Foi articulista de diferentes medios de prensa escrita, como Público, Kaosenlared, Diagonal e Rebelión. En maio de 2010, presentou o acto 99 segundos one step beyond, organizado por La Promotora na UCM, no que se realizou un debate sobre a Transición política dende o Franquismo ata o sistema constitucional actual e as súas implicacións na memoria histórica do noso país dende un formato que lembraba a programas como 59 segundos. Ao comezo do acto, Pablo Iglesias pediu ironicamente un aplauso para Libertad Digital e outros medios pola publicidade que deron ao evento. No acto participaron Ramón Cotarelo, Enrique Curiel, Carlos Slepoy, Almudena Grandes, Juan Carlos Monedero, Pablo Sánchez-León, Daniel Fernández e Willy Toledo.
La Tuerka e Fort Apache
Tele K, que retransmitiu o evento, ofreceu a La Promotora trasladar o formato á televisión comunitaria madrileña, o que deu orixe a La Tuerka CMI (realizado pola produtora Con Mano Izquierda). O programa comeza cun monólogo de Pablo Iglesias e, tras a sección de zapeo Revuelta en el frenopático, comeza un debate no que se trata un tema de interese político no que participaron políticos do PP, PSOE, IU, IA, ERC e outros partidos, profesores de universidade, activistas, sindicalistas e policías. Durante o programa adoitan facer reportaxes na rúa sobre o tema que están falando, e rematan emitindo un vídeo de rap; nesta sección participaron grupos como Los Chikos del Maíz.
A causa dos problemas coas licenzas de Tele K e Canal 33, ambas cadeas comezaron a emitir parte da súa programación conxuntamente, e La Tuerka trasladouse a Canal 33 para emitir en directo, emitíndose en diferido por Tele K.
En xaneiro de 2013, comezou a presentar un programa similar na cadea de capital iraniano Hispan TV: Fort Apache CMI. Pouco antes de comezar a emitir o programa, a canle deixou de emitir en TDT por orde do Ministerio de Industria, que a argumentaba como unha das sancións da Unión Europea contra o Goberno de Irán, aínda que continuou as súas emisións a través de Internet. Por entón, os medios do Grupo Intereconomía alertaron sobre a presenza en España de canles radicais, poñendo como exemplo a Hispan TV, Canal 33 e Tele K ou a algúns contertulios de La Tuerka.
Intereconomía e outros medios En maio de 2013, Pablo Iglesias foi invitado ao programa El Gato al Agua de Intereconomía para falar sobre a convocatoria de Asedio ao Congreso. Tras esta participación, comezou a recibir solicitudes doutros medios e pasou a ser colaborador habitual nos faladoiros políticos de El Gato al Agua, El cascabel al gato (13 TV), La Sexta Noche (laSexta) e Las mañanas de Cuatro.
Estas aparicións nos medios de masas valéronlle críticas positivas e negativas. Mentres en Diario Siglo XXI gaban o seu currículum e o seu estilo respectuoso dos seus contertulios, en Periodista Digital cualifícano de fabricante de miseria e poñen en cuestión a súa actividade académica; o director deste medio e Pablo Iglesias discuten a miúdo cando coinciden en La Sexta Noche.
Obra
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina oficial de Pablo Iglesias Turrión . Pablo Iglesias Turrión, na páxina oficial de Transparencia de Podemos.
Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Políticos de Podemos Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1978 Categoría:Europarlamentarios de España (2014-2019) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Vicepresidentes do goberno de España Categoría:Alumnos da Universidade Carlos III de Madrid Categoría:Ministros do Goberno de España da XIV Lexislatura