A Veiga de Valcarce ou A Veiga do Valcarce (en español e oficialmente Vega de Valcarce) é un concello da comarca do Bierzo, provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León que cobre unha superficie de 69,38 km², na que vivían 732 habitantes no ano 2008, cunha densidade de poboación de 10,85 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 47 concellos da Galicia estremeira.

A alcaldesa, como medida de presión, ameazou en 2000 con iniciar os trámites para pasar a pertencer a Galicia xunto con outros municipios limítrofes.

Xeografía A Veiga de Valcarce é atravesada polo río Valcarce e pola N-VI e pola autoestrada A-6. O concello é a principal entrada a Galiza polo Camiño de Santiago.

Demografía Evolución demográfica do concello da Veiga de Valcarce.

Entidades de poboación Segundo o INE, o municipio da Veiga de Valcarce contén as seguintes entidades de poboación (entre parénteses a forma oficial castelanizada): Ambasmestas Arxenteiro (Argenteiro) Barxelas (Bargelas) A Braña (La Braña) O Castro (El Castro) A Cernada (Cernada) A FabaGómez Bautista, Alberto. Toponima do Baixo Bierzo e Os Ancares Orientais, Fala Ceibe, 2004, Ponferrada (La Faba) As Ferrarías (Las Herrerías) Laballós (Laballos) A Lagúa (La Laguna) As Lamas (Las Lamas) Lindoso Muñón (Moñón) A Portela do Valcarce (La Portela de Valcarce) Ransinde Ruitelán Samprón San Xiao (San Julián) Santo Tirso (San Tirso) Soutogaioso (Sotogayoso) A Treita (La Treita) A Veiga de Valcarce ou A Veiga do Valcarce (Vega de Valcarce) Vilasinde (Villasinde)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do concello

Categoría:Concellos galegofalantes de Castela e León Categoría:Concellos da provincia de León Categoría:Concellos do Bierzo Categoría:Localidades do Camiño Francés