Hinrich Gerken, nado o 20 de febreiro de 1931 no concello de Verden, é un escritor alemán en baixo alemán.
Traxectoria Naceu na pequena localidade rural de Walle, máis tarde estudou maxisterio en Lüneburg, exercendo como mestre de escola en Harsefeld entre 1959 e 1993. Membro do "Plattdüütschen Schrieverkring“ (asociación de escritores en baixo alemán) da Männer vom Morgenstern, pertenceu ao comité de redacción da revista Heimat und Kultur zwischen Elbe und Weser dedicada á cultura rexional e publicada pola Landschaftsverband Stade, así como colaborador en diversas publicacións e programas de radio en baixo alemán. Interesado na preservación da lingua entre os máis novos, colaborou no libro de texto Ik bün al hier!. Plattdüütsch Leesbook för School un Huus ut dat Land twüschen Elv un Weser (1996) e traduciu libros infantís como As de Melk suer wöör de Jonas Kötz (2007).
Obra
Twüschen Veern un Harsfeld, 1982 Wenn nix dortwüschen kummt, 1983 Platt, - wat schall dat?, 1984 Geschichten ut´n Bökenkarnp, 1986 Een Jung ut Harsfeld, 1988 Geschichten un Döntjes aus dem Heimatland (editado con A. P. Krönke), 1989 Harsfelder Platt, 1990 ..Duppelte Heimat, 1992 Fründschaft un Dankborkeit, 1994 Alle negen, 1996 Nix bi dacht, 1998 Dor is noch wat! Geschichten in Platt to´n Besinnen un Högen, 2005
Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Escritores en lingua baixo alemá Categoría:Nados en 1931