A floretinaPubChem compound - PhloretinChemSpider - Phloretin é unha dihidrochalcona, un tipo de fenol natural. Pode atoparse nalgunhas plantas, como nas follas da maceira.

Farmacoloxía A floretina inhibe o transporte activo de glicosa nas células realizado polos cotransportadores de sodio/glicosa SGLT1 e SGLT2, aínda que a súa inhibición é máis feble que a realizada polo seu derivado floricina. Tomada por vía oral a floricina é case enteirmente convertida en floretina polos encimas hidrolíticos do intestino delgado.Idris, I.; Donnelly, R. (2009). "Sodium-glucose co-transporter-2 inhibitors: An emerging new class of oral antidiabetic drug". Diabetes, Obesity and Metabolism 11 (2): 79. doi:10.1111/j.1463-1326.2008.00982.x. Crespy, V.; Aprikian, O.; Morand, C.; Besson, C.; Manach, C.; Demigné, C.; Rémésy, C. (2001). "Bioavailability of phloretin and phloridzin in rats". The Journal of nutrition 131 (12): 3227–3230. PMID 11739871. Un importante efecto disto é a inhibition da absorción de glicosa no intestino delgado e a inhibición da reabsorción renal de glicosa. A floretina tamén inhibe varios transportadores de urea. Induce unha perda de urea e diurese cando está combinada con dietas ricas en proteínas.

Biosíntese e metabolismo A floretina prodúcese da mesma maneira que a chalcona: unha molécula de 4-cumaroíl-CoA reacciona con 3 moléculas de malonil-CoA, reacción catalizada polo encima narinxinina-chalcona sintase.

A floretina hidrolase utiliza floretina e auga para producir floretato e floroglucinol.

Usos A floretina tense utilizado nos alimentos como potenciador do sabor doce.Waddel, W.J., Cohen, S.M., Feron, V.G., Goodman, J.S., Marnett, L.J., Portoghese P.S., Reitjiens, S.M.C.M., Smith, R.L., Adams, T.B., Lucas-Gavin, C., McGowen, M.M., and Williams, M.C. (2007)[hhttps://www.femaflavor.org/sites/default/files/23.%20GRAS%20Substances%20%284254-4429%29.pdf]. Food Technology 61(8) 22-61.KRAMMER, G., LEY, J. & al. UTILISATION DE 4-HYDROXYDIHYDROCHALCONES ET DE LEURS SELS POUR ACCROÎTRE UNE IMPRESSION DE SUCROSITÉ Patent EP 1 998 636 B1, 19/05/2010.

Glicósidos

Floricina. É o 2'-glucósido da floretina. Narinxina dihidrochalcona. É un diglicósido da floretina.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Floretina-glicosidase Chalconoides Chalcona

Categoría:Dihidrochalconas Categoría:Compostos químicos