José María del Peso Sevillano, nado en La Campana (Sevilla) o 29 de xuño de 1895, foi un mestre e político español.
Traxectoria Estudou maxisterio na Escola Normal de Sevilla, onde ingresou en 1911 e rematou a carreira en 1915. Foi nomeado inspector de ensinanza primaria da provincia de Lugo en xaneiro de 1923. A Junta para Ampliación de Estudios concedeulle unha pensión para Suíza (de outubro de 1925 a marzo de 1926) onde se dedicou ao estudo da psicoloxía experimental e a orientación profesional. Masón, foi membro da loxa Lucus nº 5. Presidente da Organización Republicana Lucense (1930), participou no pacto de Lestrobe. Colaborou en ¡Ahora! e Guión. Foi trasladado á provincia de Huelva a finais de 1930. Foi nomeado Inspector de ensinanza da provincia de Cádiz en setembro de 1932 e en xuño de 1935 pasou á provincia de Córdoba. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi depurado. O seu expediente de depuración resolveuse en xullo de 1942 coa sanción de separación definitiva do servizo e baixa na escala.BOE, 27-8-1942, p. 6524. Sufriu expediente de responsabilidades políticas, que foi sobresido provisionalmente en 1946.BOP Lugo, 24-10-1946, p. 2.
Vida persoal Casou en Becerreá con Carmen Pérez Rosón, sobriña de Eduardo Rosón López, en xullo de 1927.La Provincia, 17-7-1927, p. 1.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Expediente académico de José del Peso Sevillano. Universidad de Sevilla
Categoría:Masóns de España
Categoría:Pensionados da JAE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na provincia de Sevilla Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en ano descoñecido