Skid Row é unha banda estadounidense de heavy metal formada no ano 1986 en Toms River, Nova Jersey. O grupo tivo éxito a finais dos 80 e principios dos 90, cos seus tres primeiros álbums que chegarían a ser multi-platino. Nos seus anos de maior popularidade estaba formado por Sebastian Bach (voces), Dave "The Snake" Sabo (guitarra), Scotti Hill (guitarra), Rachel Bolan (baixo) e Rob Affuso (batería). No ano 2010 consistía en Sabo, Hill, Bolan, Johnny Solinger (voces) e Rob Hammersmith (batería). A finais de 1996 o grupo levaba vendidos 20 millóns de discos en todo o mundo. Ata a data, Skid Row leva publicados cinco álbums, dous EPs, un recompilatorio e un álbum ao vivo.
Discografía Álbums de estudio Skid Row - 1989 (Atlantic) Slave to the Grind - 1991 (Atlantic) Subhuman Race - 1995 (Atlantic) Thickskin - 2003 (Skid Row Recs) Revolutions per Minute - 2006 (SPV) The Gang's All Here - 2022
EPs B-Side Ourselves - 1992 (Atlantic) United World Rebellion: Chapter One - 2013 (Megaforce)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Nova Jersey Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais formados en 1986