Leandro del Río Carnota, nado en Ordes en 1882 e finado en Pontevedra o 15 de outubro de 1957, foi un sacerdote e político galego.

Traxectoria Fillo de Antonio del Río e sobriño de Vicente Carnota Pérez. Ordenado sacerdote en 1903, estaba doutorado en Teoloxía. Foi cura da parroquia de Santa Lucía na Coruña e en 1917 foi nomeado párroco de Lérez. Presentouse como candidato da Derecha Liberal Republicana dentro da candidatura Republicano-Agraria ás eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 pola provincia de Pontevedra, pero non foi elixido, estivo a 3.000 votos de obter o escano. No franquismo foi presidente da Cámara Oficial Sindical Agraria de Pontevedra. Foi elixido procurador en Cortes polas Hermandades Sindicales de Labradores y Ganderos en abril de 1949.Faro de Vigo, 2-4-1949, p. 3-

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Artigo de Milagros Bará sobre Leandro del Río.

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1957