A Pena de Reádegos é unha entidade da parroquia de Reádegos, do concello de Vilamarín, na comarca de Ourense, provincia de Ourense. No ano 2012 tiña 59 habitantes (23 homes e 26 mulleres), máis ca en 2011.

Historia A Pena de Reádegos debe o seu nome a unha gran pedra, pena, situada no monte de Reádegos. Nesta aldea adoitaba durmir nas súas estadías na comarca o coñecido Barriga Verde.

Nesta aldea estaba a casa consistorial de Vilamarín, a carón da estrada N-540.

Festas populares 5 de febreiro: Santa Águeda 10 de agosto: San Lourenzo

Lugares de Reádegos

Parroquias de Vilamarín

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilamarín

Categoría:Lugares de Vilamarín