Manu é unha novela en lingua castelá de Manuel Jabois, publicada por Pepitas de calabaza ed. en maio de 2013.
Trama A obra está protagonizada polo propio Manuel Jabois, quen conta a súa experiencia tras ser pai por primeira vez. Cun estilo singular, Jabois describe a modo de diario o último ano da súa vida: o embarazo da súa muller, o falecemento do seu avó nos mesmos días que nace o neno, o xornalismo e as primeiras estancias en Madrid.
Ademais, recorda outros episodios do pasado, como a súa xuventude, o momento en que coñece á súa muller e a súa relación ou diferentes anécdotas da súa carreira de xornalista.
Narración A obra ten narrador en primeira persoa, e está baseada nas súas experiencias persoais, pero esaxerando a realidade.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do libro en www.pepitas.net
Categoría:Obras literarias de 2013 Categoría:Novelas en castelán Categoría:Novelas ambientadas en Galicia