Sonata Gallega foi unha revista editada en Pontevedra entre 1944 e 1949.

Historia e características Subtitulada Publicación Céltiga e Revista de Galicia. Exponente literario y artístico de la región, apareceu en 1944. Estaba dirixida por Ramón Peña, que era o seu propietario. Emilio Álvarez Negreira foi o seu redactor. Entre os seus colaboradores figuraron Celso Emilio Ferreiro e Xosé María Díaz Castro no apartado de creación literaria, e José Bellver na fotografía. Nun primeiro momento tivo unha periodicidade de catro números ao ano, coincidindo coas catro estacións, pero a partir do número 9 de 1946, saíu de xeito irregular. Incluíu composicións literarias, fotografías e ilustracións, ademais de gravados, linóleos e debuxos, artigos de temática galega e local, homenaxes e retratos biográficos, e críticas literarias e recensións. Cesou a súa publicación co número 12 en 1949. Reapareceu en 1952 nun suplemento especial dedicado ás festas de Guadalupe de Rianxo.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Ficha na Hemeroteca da Deputación de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1944 en Galicia