miniatura|Malva sylvestris : Sementes soltas. A malva brava ou malva común (Malva sylvestris) é unha planta herbácea da familia das malváceas, moi abundante en toda Europa nos beirados dos camiños e en terreos tanto cultivados coma incultos.

Descrición É unha perenne herbácea ou algo lígnea na base, de até 2 m de altura. Xeralmente posúe hábito erecto, con ramificacións. O talo pode ser glabrescente a pubescente. As follas son palmatífidas, alternas e pecioladas.

Florea na primavera deica mediados do verán, producindo inflorescencias en forma de acio de cimas helicoidais; as flores, hermafroditas miden entre 2 e 6 cm de diámetro, con pétalos purpúreos ou rosa, con veas máis escuras. O periantio é pentámero, con calículo de 3 pezas soldadas na súa base. As flores fechan á noitiña e cando vai mal tempo para protexer o pole. A polinización é esencialmente entomógama, aínda que son capaces de se autopolinizar.

O froito é unha cápsula (esquizocarpo) formada por varios mericarpos, de forma de ril, de cor parda e con costelas laterais sinuadas en abano radial.

Hábitat e distribución É moi abundante en terreos ermos, hortas, leiras, beiras dos camiños, entullos e xardíns cando están desleixados. O lugar de orixe é Europa, Asia occidental e norte de África. Introduciuse en América central e do Norte, onde a consideran planta invasora.

Usos medicinais miniatura|upright=1.5|Malvae sylvestris, flores secas, para facer té Existe unha industria farmacolóxica arredor da malva, pois se coñecen nesta planta principios activos de certa importancia como a arabinosa, a ramnosa e pequenas cantidades de taninos.

Adoitan utilizarse, na medicina popular, as follas,talo e flores coma emoliente para ser aplicada en enemas e furúnculos, e en forma de tisana contra a tose.Font Quer, P. - Plantas Medicinales - El Dioscórides renovado, p. 404-405. Editorial Labor, SA, Barcelona, 1980 miniatura| Malva sylvestris, folla con puntos producidos por un fungo Coas follas da malva faise un té que serve para aliviar a febre; tómanse de dúas a tres cuncas ao día.

Etnografía É unha planta considerada máxica e medicinal nas tradicións e crenzas galegas, sendo unha das sete herbas de San Xoán.

Enfermidades da planta Acostuma ser atacada por fungos do xénero Puccinia, producindo a roia alaranxada.

Citoloxía Números cromosomáticos de Malva sylvestris é táxones infraespecificos:Contribuiçao para o conhecimento citotaxonómico das spermatophyta de Portugal. XVI. Malvaceae Queirós, M. Bol. Soc. Brot. ser. 2 51: 187-199 (1977). 2n=42.

Sinonimia Althaea godronii Alef. Althaea mauritiana Alef. Malva ambigua Guss. Malva erecta C.Presl in J.Presl & C. Presl Malva erevaniana Takht. Malva hirsuta C. Presl Malva hirsuta auct. , non Aubl. nec Ten. Malva grossheimii Iljin Malva longelobata Sennen Malva longepedunculata Sennen Malva mauritiana L. Malva polymorpha Guss. Malva sylvestris subsp. ambigua (Guss.) P.Fourn. Malva sylvestris subsp. erecta (C. Presl)Nyman Malva sylvestris subsp. mauritiana (L.) Cout. Malva sylvestris var. mauritiana (L.) Boiss. Malva sylvestris subsp. vivianiana (Rouy) P. Fourn. Malva tomentella C. Presl Malva vivianiana RouyThe Euro+Medit PlantBase

Galería

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina da Malva sylvestris na Enciclopedia Libre en Español Nomenclatural Data Base Páxina de fitoterapia

Categoría:Malva Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flores Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas tintorias