O parque acuático de Cerceda (Aquapark de Cerceda) é un parque acuático no concello de Cerceda (A Coruña). Tratábase do único parque acuático de Galiza ata a posta en marcha do Parque Acuático de Monterrei (no concello de Pereiro de Aguiar) no ano 2024, e a súa tempada de apertura vai dende principios de xuño até comezos de setembro.

Pódese acceder por estrada ou ferrocarril cunha conexión diaria tanto para a ida como para a volta dende A Coruña e dende Santiago de Compostela.

Foi inaugurado no ano 2000 polo alcalde Xosé García Liñares, o cal fora tamén o que aceptara o proxecto de construción."O parque acuático de Cerceda desbórdase" , La Voz de Galicia, 13 de agosto de 2009.

Instalacións O parque acuático ten diversas piscinas: piscina de natación, piscinas con chorros e piscina con ondas, jacuzzi. Tamén ten varios escorregadoiros xigantes: acuatubo pechado e acuatubo aberto, escorregadoiro tipo kamikaze de 54 metros de percorrido, esvaradoiro de flotador individual, esvaradoiro con flotador por parellas e esvaradoiro multipistas.

O parque inclúe zonas infantís con escorregadoiros de curto percorrido, piscina sinxela e outra de esvaradoiros para cativos. Ademais ten unha cafetaría, unha tenda, un punto de información, parque infantil de area, minigolf e miradoiro.

Festivais O primeiro e dous de xullo de 2011 celebrouse no parque o festival Fresh Weekend de música electrónica, coas actuacións de Óscar Mulero e o italiano Marco Carola."O Fresh Weekend sitúa Cerceda no mapamundi do «techno»", La Voz de Galicia, 4 de xullo de 2011.

Para o 2012 tíñase previsto celebrarse o 6 e 7 de xullo, pero finalmente foi cancelado."Cancelado o Fresh Weekend previsto para o 6 e 7 de xullo en Cerceda" , La Voz de Galicia, 5 de xuño de 2012.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Parques acuáticos Categoría:Cerceda