O dictioteno ou dictiatoMedical Physiology, Boron & Boulpaep, ISBN 1-4160-2328-3, Elsevier Saunders 2005. Updated edition. 1300 pages. é unha prolongada fase de repouso que experimentan os ovocitos durante a ovoxénese. Afecta aos ovocitos primarios que iniciaron a meiose, que quedan detidos na profase I meiótica na fase da ovoxénese chamada ovatidoxénese. O dictioteno empeza durante a vida fetal tardía e prolóngase nos humanos ata a puberdade, momento en que un aumento da hormona LH xusto antes da ovulación fai que se reactive a meiose.'Hormones and Mammalian Egg Maturation', Michael Barresi, , Accessed 15 Apr 08 1613 Deste modo, aínda que a maioría dos ovocitos se producen nos fetos femininos antes do nacemento, estes pre-ovos permanecen no dictioteno polo menos ata a puberdade, e moitos permanecen así décadas, xa que cada mes a muller vai ovulando e reactivando ovocitos, ata que chegue ao final da súa vida fértil. Por tanto, o dictioteno pode ser un período de repouso moi prolongado. Cando remata o dictioteno o ovocito primario acaba a súa primeira división meiótica e convértese en ovocito secundario.
Detención da tradución Durante o dictioteno hai moito ARNm na célula, que foi transcrito, pero non se produce a súa tradución.Maskin Is a CPEB-Associated Factor that Transiently Interacts with eIF-4E Barbara Stebbins-Boaz,1 Quiping Cao,1 Cornelia H de Moor,1 Raul Mendez,1 and Joel D Richter1 Pouco antes da ovulación, o ovocito activa a tradución destes ARNm.
Mecanismo bioquímico A imposibilidade de tradución dos ARNm no dictioteno explícase en parte pola unión de moléculas a determinados sitios dos ARNm, o que ten como resultado que os factores de iniciación da tradución non poden unirse a ese sitio. Dúas destas moléculas, que impiden a unión de factores de iniciación son a CPEB e a maskin, que se unen ao elemento de poliadenilación citoplasmático (CPE). Cando estas dúas moléculas se xuntan, despois a maskin pode unirse ao factor de iniciación eIF-4E, e así o eIF4E xa non pode interaccionar cos outros factores de iniciaciónLodish 2008, p.351 e non é posible a tradución. Por outra parte, a disgregación do complexo CPEB/maskin permite a unión do eIF-4E ao factor de iniciación eIF-4G, e así a tradución pode comezar de novo, o cal contribúen á finalización do dictioteno e á subseguinte maduración do ovocito primario.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ovoxénese Ovocito Cigoto
Categoría:Bioloxía