miniatura|Anuncio contra a ablación de clítoris preto de Kapchorwa, Uganda. miniatura|300px|Zonas de África nas que se segue practicando a ablación do clítoris. miniatura|300px|lang=gl A ablación do clítoris ou clitoridectomía é a extirpación do clítoris ás nenas feita por razóns culturais, relixiosas ou calquera outra non médica. Forma parte da chamada mutilación xenital feminina (MXF, ou FGM nas súas siglas en inglés), que inclúe tamén a ablación ou eliminación de tecidos de calquera parte dos xenitais femininos. É unha forma de violencia contra a muller, polo feito de ser muller; polo tanto entra dentro da chamada violencia machista que, nestes casos, é paradoxal xa que conta coa intervención doutras mulleres, ben consentindo, ben realizando as prácticas, pero propia de sistemas de dominación patriarcais nos que é o home o que impón e decide o que debe facerse, sometendo ás mulleres ao deber de obediencia.Ver video Canal Universidad a Distancia Canal UNED
Orixe A ablación do clítoris é un ritual de iniciación realizado ás nenas dalgúns países de África, Oriente Medio e outros. O costume é de procedencia incerta, aínda que hai algúns autores que afirman que comezou no antigo Exipto e, a partir de alí, estendeuse ao resto do continente africano. Aínda que se localiza sobre todo na zona centroafricana, esta práctica non se limita a este continente, pois tamén se produce en varios países de Asia, Europa, América e en Australia.Aproximación antropolóxica á práctica da ablación ou mutilación xenital feminina
Practicada en moitos casos como rito de iniciación á idade adulta, actualmente está diminuíndo algo debido á prohibición da súa realización en moitos países (porén, moitas familias continúan a facela clandestinamente). Nalgúns casos recórrese a tradicións relixiosas para argumentar no seu favor, pero o certo é que este tipo de mutilación está prohibida no islam.Denny, Federico Mathewson (2001): "La circuncisión", en McAuliffe, Dammen Jane, Enciclopedia del Corán, 1, A-D, Leiden: Brill, pp. 366-367]
Consecuencias A ablación sexual é a mutilación de parte dos xenitais externos femininos para evitar que as mulleres sintan pracer sexual, coa finalidade de que poida chegar virxe ao matrimonio, posto que se non é deste xeito, a muller pode ser repudiada. Tamén se realiza para evitar a (suposta) promiscuidade da muller e asegurar así que soamente teña fillos co marido.
A perda case total de sensibilidade é a principal consecuencia para as afectadas, ao que hai que engadir o trauma psicolóxico. Ademais, hai nenas que morren desangradas ou por infeccións nas semanas posteriores á intervención, xa que esta se realiza case sempre de maneira rudimentaria, a cargo de curandeiras ou mulleres maiores, e con ferramentas non moi ortodoxas, como cristais, coitelos ou navallas de barbear, e nunca en centros sanitarios.
Tipos de ablación Existen varios tipos de ablación:
Amputación do prepucio do clítoris (circuncisión), podendo extirparse en parte ou na súa totalidade o clítoris (clitoridectomía). Outra forma consiste na escisión ou mutilación total ou parcial do prepucio do clítoris e os labios menores, conservando só os labios maiores. A infibulación é a forma máis agresiva, e consiste na extirpación do clítoris e os labios maiores e menores. Despois do acto, faise un cosido de ambos os lados da vulva até que esta queda practicamente pechada, deixando unicamente unha abertura para o sangue menstrual e a urina. A infibulación tamén se coñece como circuncisión faraónica.
Descrición dunha clitoridectomía O informe de Amnistía Internacional para concienciar dos malos tratos ás mulleres daba a cifra de 120 millóns de mulleres clitoridectomizadas, e de tres millóns de nenas por ano en vinte e oito países diferentes:Diario El Mundo (España), 7 de marzo de 1995.
Práctica na actualidade miniatura|lang=gl|A práctica diminuíu moito con campañas de erradicación, pero foi amplamente practicada nalgúns países Segundo as estatísticas, a práctica da ablación afecta na actualidade ao redor duns 135 millóns de mulleres e nenas en todo o mundo. Crese que se practica a nenas a idade cada vez menor, coa pretensión de que a que sufra a mutilación non poida xulgar a práctica por si mesma cando sexa maior.
Europa O aumento da inmigración levou esta práctica a Europa. A mutilación xenital feminina, en calquera das súas modalidades, está penada pola lei nos países de dito continente con algunhas excepcións como Italia ou Irlanda. Porén, aínda que existe nalgúns países europeos normativas legais de control dos permisos de saída para as nenas en situación de risco por este tipo de costumes, hai denuncias de que medio millón de mulleres e nenas a sufriron en Europa nos últimos tempos, incluso en centros sanitarios clandestinamente.
África A embaixadora da Organización das Nacións Unidas contra a ablación, a exmodelo somalí Waris Dirie, quen sufriu infibulación aos 3 anos, conseguiu que esta práctica fose declarada ilegal nalgúns países africanos, aínda que se siga practicando de feito. Unicef, nun informe, afirma que esta práctica poderíase eliminar nunha xeración de haber un esforzo cultural.
A ablación é un costume estendido nunha ampla rexión de África (ver mapa), onde se practica indistintamente por musulmáns, cristiáns e animistas.
América Na maioría dos países de América Latina prohíbese legalmente esta práctica.
Día Internacional O Día Internacional de Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina é o 6 de febreiro.Amnistía Internacional
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ayaan Hirsi, Ali (2007): Infidel. Free Press, pp. 112–113,143. ISBN 978-0-7432-8968-9 "Infibulation in the Horn of Africa" Guy Pieters, M. D. and Albert B. Lowenfels, M. D., F.A.C.S., New York State Journal of Medicine, Volume 77, Nº 6, pp. 729–31, abril 1977. "Policy - Female Circumcision, Excision and Infibulation", en The College of Physicians and Surgeons of Ontario, xullo/agosto de 2001.
Outros artigos Infibulación
Ligazóns externas M. Elena Torres Fernández. Universidad de Almería. "La mutilación genital femenina: un delito culturalmente condicionado" Consultada o 11/6/13. Desert Flower Foundation , Consultada o 11/6/13. España perseguirá la ablación femenina fuera de sus fronteras Consultada o 11/6/13 Mutilación Genital Femenina Consultada o 11/6/13. La mutilación genital femenina y los derechos humanos (libro en liña, Amnistía Internacional) Consultada o 11/6/13. Mutilación genital femenina Nota descriptiva N°241. Febreiro de 2012. OMS Consultada o 11/6/13. Fundación Internacional de Caridade para as Mulleres "Estamos Xuntos"
Categoría:Abusos de dereitos humanos Categoría:Aparato reprodutor feminino Categoría:Mutilación