O Campo de Belchite é unha comarca situada no centro de Aragón, na ribeira do Ebro, pertencente á provincia de Zaragoza. A súa capital administrativa é Belchite.
Xeografía Limita ao norte coa Comarca de Zaragoza, ao oeste co Campo de Cariñena, o Campo de Daroca e o Jiloca, e ao sur coas Cuencas Mineras e o Bajo Martín.
Concellos Concello Extensión(km²) Poboación (2006)(hab.) Densidade(hab./km²) Almochuel32,00 40 1,25 Almonacid de la Cuba55,05 302 5,49 Azuara165,80 674 4,07 Belchite273,70 1.647 6,02 Codo11,20 227 20,27 Fuendetodos62,20 179 2,88 Lagata23,65 144 6,09 Lécera109,20 736 6,74 Letux30,15 438 14,53 Moneva61,40 96 1,56 Moyuela42,76 290 6,78 Plenas37,9 113 2,98 Puebla de Albortón76,81 137 1,78 Samper del Salz11,36 105 9,24 Valmadrid50,39 96 1,91 1.043,57 5.224 5,01
Economía A agricultura de secaño é a principal actividade económica, baseándose no cultivo dos cereais, a vide e a oliveira. Hai varios espazos naturais de importancia na comarca dos que destaca a reserva ornitolóxica da balsa do Planerón e a Lomaza de Belchite.
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio oficial da comarca Comarcalización de Aragón, Campo de Belchite O Campo de Belchite, en comarcas.es
Campo de Belchite