miniatura|300x300px|Este mapa reflicte os achados da investigación da Freedom House Freedom in the World 2007 (Liberdade no mundo 2007), que informa sobre o estado da liberdade no mundo durante o ano 2006. É unha das medidas máis xeralmente empregadas da democracia polos investigadores. Hai que fixarse en que malia que estas medidas están moi correlacionadas, non implica que se poidan intercambiar A democracia (do grego demos, "pobo", e kratos, "goberno", é dicir, "goberno do pobo") é un réxime político no que a soberanía reside no pobo e é exercida por este de maneira directa ou indirecta.

Máis concretamente, a democracia é unha forma de goberno na que, en teoría, o poder para cambiar as leis e as estruturas de goberno, así como o poder de tomar todas as decisións de goberno reside na cidadanía. Nun sistema así, as decisións tanto lexislativas coma executivas son tomadas polos propios cidadáns (democracia directa) ou por representantes escollidos mediante eleccións libres, que actúan representando os intereses dos cidadáns (democracia representativa).

Na práctica, na historia inicial da democracia primou o compoñente directo, pero na actualidade todos os sistemas democráticos do mundo son principalmente de tipo representativo.

Esta definición xeral ten algúns matices. Non todos os habitantes dun determinado municipio, rexión ou estado democráticos participan na política, senón só aqueles que ostentan de pleno dereito a condición de cidadáns, e dentro destes, só aqueles que elixen participar, xeralmente mediante o voto nunhas eleccións ou calquera outro proceso electoral coma o referendo.

O día 15 de setembro celébrase o Día Internacional da Democracia. O obxectivo desta celebración é salientar a importancia da liberdade dos medios de comunicación libres, independentes e pluralistas, para a democracia e a paz.

Orixe, usos e tipos O termo "democracia" provén do grego antigo (δημοκρατία) e foi acuñado en Atenas (A máis famosa das cidades-estado da antiga Grecia é considerada como o primeiro exemplo dun sistema acorde coas nocións modernas de democracia.) no século V a. C. a partir dos vocábulos δῆμος (dḗmos, que pode traducirse como «pobo») e κράτος (krátos, que pode traducirse como «poder», ou «goberno»). Con todo a significación etimolóxica do termo é moito máis complexa. O termo «deamos» parece ser un neoloxismo derivado da fusión das palabras demiurgos (demiurgi) e geomoros (geomori).Ochoa del Río, José Augusto. La Democracia: aportes para un análisis conceptual, Biblioteca Jurídica De todos os xeitos, o significado do termo cambiou co tempo, e a definición moderna evolucionou moito sobre todo dende finais do século XVIII, coa sucesiva introdución de sistemas democráticos en moitas nacións. Hoxe en día, as democracias existentes son bastante distintas ó sistema de goberno ateniense do que herdan o seu nome.

Un bo exemplo destas diferenzas é que as democracias actuais son democracias indirectas ou representativas, agás unha a democracia suíza, que segue a manter un sistema máis directo que a maioría das actuais, debido a súa particular idiosincrasia, sen ter apenas evolucionado.

A democracia directa adoita ser máis dificultosa de manter canto maior é a comunidade que se debe rexer por este sistema, do que deriva a importancia que na actualidade acadou o sistema representativo como vía de participación nas decisións comunitarias.

Unha das maiores debilidades coas que se atopan os sistemas democráticos actuais é o facer da democracia un sistema que deriva cara a partitocracia, na que son os partidos políticos como elementos suprarepresentativos os que determinan as decisións comunitarias fora dos sistemas elaborados para tal fin. Deste xeito a falta de democracia nas forzas políticas pode implicar e evolución do sistema cara a un sistema máis próximo á oligarquía que a propia democracia e que é denominada polos teóricos do estado como partitocracia.

No proceso evolutivo dos sistemas parlamentarios occidentais a decisión entre primar a estabilidade do poder público fronte a primar unha maior e mellor representación de todas as tendencias da sociedade rematou por desenvolver unha serie e de mecanismos que favorecesen a estabilidade, sobre todo a partir da segunda guerra mundial.

Un exemplo destes mecanismos é o propio sistema D´Hont utilizado no actual sistema electoral español, no que o sistema de cálculo e asignación de escanos beneficia ás dúas forzas máis votadas en detrimento dunha maior representación das minorías. Un exemplo contrario no mesmo sistema español foi a II República española onde unha maior representación das minorías provocou na práctica unha perigosa inestabilidade dos distintos gobernos.

Historia da democracia miniatura|upright|Pintura do século XIX de Philipp Foltz que representa ao político ateniense Pericles pronunciando o seu famoso discurso fúnebre diante da Asemblea ateniense As asembleas democráticas son tan antigas como a especie humana e atópanse ao longo da historia da humanidade, pero ata o século XIX, as principais figuras políticas opuxéronse en gran medida á democracia. Os teóricos republicanos vincularon a democracia ao pequeno tamaño: a medida que as unidades políticas crecían en tamaño, aumentaba a probabilidade de que o goberno se volvese despótico. Ao mesmo tempo, as pequenas unidades políticas eran vulnerables á conquista. Montesquieu escribiu: "Se unha república é pequena, é destruída por unha forza estranxeira; se é grande, é arruinada por unha imperfección interna." Segundo o politicólogo da Universidade Johns Hopkins Daniel Deudney, a creación dos Estados Unidos, co seu gran tamaño e o seu sistema de controles e contrapesos, foi unha solución aos dobres problemas de tamaño.

Retrospectivamente diferentes políticas, fóra das democracias declaradas, foron descritas como protodemocráticas. Orixes O termo democracia apareceu por primeira vez no pensamento político e filosófico grego na cidade-estado de Atenas durante a antigüidade clásica.John Dunn, Democracy: the unfinished journey 508 BC – 1993 AD, Oxford University Press, 1994, A palabra vén de dêmos 'xente (común)' e krátos 'forza/poder'.Luciano Canfora, La democrazias:Storia di un'ideologia, Laterza (2004) 2018 pp.12-13 Sendo Clístenes arconte de Atenas, en 508-507 a.C. estableceuse en Atenas o que xeralmente se considera o primeiro exemplo dun tipo de democracia. Clístenes é referido como "o pai da democracia ateniense".R. Po-chia Hsia, Lynn Hunt, Thomas R. Martin, Barbara H. Rosenwein, and Bonnie G. Smith, The Making of the West, Peoples and Cultures, A Concise History, Volume I: To 1740 (Boston and New York: Bedford/St. Martin's, 2007), 44. O primeiro uso testemuñado da palabra democracia atópase en obras en prosa da década do 430 a.C., como en Historias''' de Heródoto, pero o seu uso era varias décadas máis antigo, xa que dous atenienses nados na década de 470 recibiron o nome de Demócrates, un novo nome político -probablemente en apoio da democracia- dado nunha época de debates sobre cuestións constitucionais en Atenas. Esquilo tamén alude con forza á palabra na súa obra As suplicantes, escenificada no 463 a.C., onde menciona "a man gobernante do demos" [demou kratousa cheir]. Antes desa época, a palabra usada para definir o novo sistema político de Clístenes probablemente era isonomia, que significa igualdade política.Kurt A. Raaflaub, Origins of Democracy in Ancient Greece, pp. 108, 109.

A democracia ateniense adoptou a forma dunha democracia directa, e tiña dúas características distintivas: a selección aleatoria de cidadáns ordinarios para ocupar os poucos cargos administrativos e xudiciais existentes no goberno,Aristotle Book 6 e unha asemblea lexislativa formada por todos os cidadáns atenienses. Todos os cidadáns elixibles podían falar e votar na asemblea, que fixaba as leis da cidade-estado. Porén, a cidadanía ateniense excluía a mulleres, escravos, estranxeiros (μέτοικοι / métoikoi) e mozos menores de idade para o servizo militar. Efectivamente, só 1 de cada 4 residentes en Atenas cualificaba como cidadán. A propiedade da terra non era un requisito para a cidadanía. A exclusión de gran parte da poboación do corpo cidadán está intimamente relacionada coa antiga comprensión da cidadanía. Na maior parte da antigüidade o beneficio da cidadanía estaba ligada á obriga de loitar contra as campañas bélicas.Susan Lape, Reproducing Athens: Menander's Comedy, Democratic Culture, and the Hellenistic City, Princeton University Press, 2009, p. 4,

A democracia ateniense non só era directa no sentido de que as decisións eran tomadas polo pobo reunido, senón tamén a máis directa no sentido de que o pobo a través da asemblea (bulé) e os tribunais de xustiza controlaban todo o proceso político e unha gran proporción de cidadáns participaban constantemente nos negocios públicos. Aínda que os dereitos do individuo non estaban garantidos pola constitución ateniense no sentido moderno (os antigos gregos non tiñan palabra para "dereitos"), os que eran cidadáns de Atenas gozaban das súas liberdades non por oposición ao goberno, senón por vivir nunha cidade que non estaba sometida a outro poder e por non ser eles mesmos súbditos do goberno doutra persoa.

A votación por puntuación apareceu en Esparta xa no 700 a.C. A apela era unha asemblea do pobo, celebrada unha vez ao mes, na que podía participar todo cidadán varón de polo menos 20 anos de idade. Na asemblea, os espartanos elixían os líderes e votaban por alcance e a berros (a votación decidíase en función do forte que gritase a multitude). Aristóteles cualificouno de "infantil", en comparación coas papeletas de pedra que utilizaban os cidadáns atenienses. Esparta adoptouno pola súa sinxeleza e para evitar as votacións nesgadas, as compras ou as trampas que predominaban nas primeiras eleccións democráticas.Terrence A. Boring, Literacy in Ancient Sparta, Leiden Netherlands (1979).

Aínda que a República Romana contribuíu significativamente a moitos aspectos da democracia, só unha minoría de romanos eran cidadáns con votos nas eleccións de representantes. Os votos dos poderosos tiñan máis peso mediante un sistema de voto ponderado, polo que a maioría dos altos cargos, incluídos os membros do Senado, procedían dunhas poucas familias ricas e nobres. Ademais, o derrocamento do reino romano foi o primeiro caso no mundo occidental dun sistema de goberno formado co propósito explícito de ser unha república, aínda que non tiña moito de democracia. O modelo de goberno romano inspirou a moitos pensadores políticos ao longo dos séculos, e as democracias representativas modernas de hoxe imitan máis os modelos romanos que os gregos, porque se trataba dun Estado no que o poder supremo ostentábao o pobo e os seus representantes elixidos, e que contaba cun líder elixido ou designado por eles mesmos.

Vaishali, capital da liga Vajjika (Vrijji mahajanapada) da, India tamén foi considerada un dos primeiros exemplos de república en torno ao século VI a.C.

Outras culturas, como a nación iroquesa nas Américas, tamén desenvolveron unha forma de sociedade democrática entre 1450 e 1660 (e posiblemente en 1142), moito antes do contacto cos europeos. Esta democracia continúa ata os nosos días e é a democracia representativa máis antiga do mundo. Isto indica que as formas de democracia puideron ser inventadas noutras sociedades de todo o mundo. Idade Media