An Awesome Wave é o álbum de estrea da banda inglesa de indie rock Alt-J (∆), publicado o 25 de maio do 2012 a través do selo Infectious Music. O disco inclúe os sinxelos "Matilda"/"Fitzpleasure", "Breezeblocks" e "Tessellate". Acadou o número 13 da lista británica de álbums, e tamén entrou nas listas de Bélxica, Francia, Países Baixos e Suíza. An Awesome Wave gañou o premio British Barclaycard Mercury Prize no ano 2012. No ano 2013 foi Álbum do ano nos Ivor Novello Awards. O título é unha referencia a unha cita da novela de 1991 de Bret Easton Ellis American Psycho e da película de 2000 do mesmo nome.
Portada A portada de An Awesome Wave é unha imaxe de radar multicapa do delta do río Ganxes en Bangladesh e na India. A imaxe en cada unha das tres capas foi adquirida polo satélite de observación da Terra Envisat da Axencia Espacial Europea, tomadas por separado o 20 de xaneiro, o 24 de febreiro e o 31 de marzo de 2009. A imaxe superposta, titulada Ganges' Dazzling Delta, expón unha multitude de cores derivadas das variacións na radiación de fondo que se producen entre os tres tempos de adquisición.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Alt-J (∆) Categoría:Álbums musicais de 2012