El Agro foi un periódico editado en Ponteareas en 1926.
Historia e características Subtitulado Decenario defensor de los intereses generales y agrarios de Puenteareas-Cañiza, apareceu o 22 de xaneiro de 1926. De periodicidade decenal, foi continuador de La Justicia. Identificado coa Unión Patriótica, no agrarismo defendeu unha liña apolítica e critica á Federación de Tui. Entre os seus colaboradores figuran Anselmo Vázquez Estévez (párroco de Fornelos) e Salvador Jordán Doré.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa escrita de Ponteareas
Categoría:Prensa da Unión Patriótica
Categoría:Prensa agraria
Categoría:1926 en Galicia