O Aeroporto de El Hierro é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado no nordés da illa de El Hierro, na costa do municipio de Valverde. Inaugurado en decembro de 1972, é coñecido como Aeropuerto de los Cangrejos.
O tráfico aéreo é nacional, operado por Binter Canarias, con orixe e destino, en maior medida, o aeroporto de Tenerife Norte e, en menor medida, Gran Canaria. No ano 2011, o aeroporto rexistrou un tráfico de 170.225 pasaxeiros, 4.674 operacións e 135 toneladas de mercancías.
Aeroliñas e destinos
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web en aena-aeropuertos.es
Hierro Categoría:El Hierro