Cunninghamia lanceolata, é unha especie de conífera da familia das taxodiáceas. De orixe chinesa, emprégase en Galiza coma ornamental, sendo común na xardinaxe palaciana e de arboredos.

Descrición Árbore orixinaria do centro e sur da China, no seu estado natural. Ten unha gran capacidade para regromar de cepo, a madeira é de calidade regular.

É de hábito monopodial, posúe copa piramidal, angosta, conserva as súas pólas inferiores, que se estenden horizontalmente. O seu toro é recto. A súa altura oscila entre os 10 e os 25 m. As follas son simples, dispostas en espiral ou en dous planos máis ou menos diverxentes, lineares lanceoladas, falcadas (2,5 –7 cm x 0,4-0,7 cm), coa face verde brillante, e o envés claro, con anchas fitas estomáticas abrancazadas separadas pola nervadura media, marxe finamente serrada. É unha árbore de folla persistente.

Os seus froitos son conos (estróbilos) ovoide globosos, de 3 a 5 cm de longo, terminais, formados por numerosas escamas triangulares, agudas e imbricadas e subleñosas dentadas.

Esta especie de árbore non é hermafrodita, polo tanto pódese diferenciar o sexo de cada un segundo os seus conos. 240px|thumb|Conos de sexo masculino de C. lanceolata. 240px|thumb|Cono de sexo feminino de C. lanceolata.

Condicións de cultivo Atura o clima cálido e chuvioso, con precipitacións uniformes. Soporta algo o frío. Prefire solos liviáns, profundos, mais tamén medra nos pobres, sempre que estean ben provistos de humidade.

Durante os primeiros anos medra amodo, despois acelera.

Propiedades A respecto da madeira, a cerna é castaña amarelenta, de textura fina e homoxénea, gran dereito, veado macío, sen cheiro, mol, lixeira, estábel, doada de traballar e pouco durábel en contacto co chan.

Exemplares senlleiros en Galiza Dous exemplares desta especie aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia: Cunninghamia do Pazo de Gondomar en Gondomar (Pontevedra); Cunninghamia do Pazo Xardín de Caldas de Reis, en Caldas de Reis (Pontevedra).

Taxonomía Cunninghamia lanceolata foi descrita por (Lamb.) Hook. e publicado en Botanical Magazine 54: , pl. 2743. 1827. sinonimia Abies batavorum Siebold ex Carrière Abies lanceolata (Lamb.) Poir. Belis jaculifolia Salisb. Belis lanceolata (Lamb.) Hoffmanns. Cunninghamia jaculifolia (Salisb.) Druce Cunninghamia sinensis R.Br. Cunninghamia sinensis var. prolifera Lemée & H.Lév. Cunninghamia unicanaliculata D.Y.Wang & H.L.Liu Cunninghamia unicanaliculata var. pyramidalis D.Y.Wang & H.L.Liu Larix chinensis Mill. Pinus abies Lour. Pinus lanceolata Lamb. Raxopitys cunninghamii J. Nelson en PlantList

Notas

Véxase tamén Bibliografía Flora of China Editorial Committee. 1999. Fl. China 4: 1–453. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Linares, J. L. 2003 . Listado comentado de los árboles nativos y cultivados en la república de El Salvador. Ceiba 44(2): 105–268.

Ligazóns externas

Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Coníferas Categoría:Cunninghamia Categoría:Flora de Asia