Trabajo foi un semanario publicado en Santiago de Compostela en 1931, órgano da Federación Socialista de Santiago de Compostela. Historia e características Suntitulado Órgano de la Federación de Entidades Socialistas, agrarias y obreras de la Comarca de Santiago, apareceu en xuño de 1931. Dirixido por Tirso Virgós Pintos, o seu redactor xefe era Xoán Xesús González, secretario da Federación. O seu primeiro número foi denunciado e a súa edición foi recollida por orde do xuíz.El Pueblo Gallego, 9-7-1931, p. 7. Trala renuncia do director, sucedeuno Jesús Folgar Calvo en xullo, e a este Enrique Gippini a finais de agosto.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:Prensa socialista Categoría:1931 en Galicia