miniatura|dereita|Sufixación e prefixación nas linguas do mundo. En morfoloxía lingüística, sufixo é o morfema derivativo ou afixo que se engade despois do lexema, raíz ou tema dunha palabra e antes dos morfemas constitutivos para engadirlle a este unha información suplementaria. A palabra nova así formada denomínase palabra derivada, e o mecanismo polo cal se fai coñécese como derivación. Características

Os sufixos en galego posúen tres características:

son tónicos: cargan co acento da palabra: Azucre / azucreiro. poden cambiar o rango gramatical dunha palabra: am-ou (verbo), am-or (substantivo), am-able (adxectivo), amable-mente (adverbio) poden cambiar o xénero dun substantivo: A casa / O cas-ón. A cabra / O cabrón

Tipoloxía Existen varias clases de sufixos segundo deferentes criterios. Por exemplo, segundo a categoría gramatical que fornece ao lexema, hai sufixos que son nominalizantes porque forman substantivos (-anza, -encia, -ción, -zón etc...); adxectivizantes porque crean adxectivos (-il, -oso, -ble etc...) verbalizantes porque crean verbos (-ear, -izar, -ificar) e adverbializadores porque crean adverbios (-mente).

Sufixos alterativos Varían a significación sen mudar a categoría gramatical. Pódense dividilos en tres subtipos: diminutivos, aumentativos e despectivos. Os diminutivos e aumentativos permiten falar dunha certa gradación dos substantivos, mais acostuman transmitir tamén valores afectivos, pexorativos, intensificativos...

Un dos sufixos diminutivos máis común en galego é -iño/a, pois pode empregarse con tódolos substantivos, conforme ás seguintes regras:

Substantivos rematados en vogal átona: moza>mociña, navalla>navalliña. Substantivos rematados en vogal tónica: pé>peíño, papá>papaíño. Os rematados en ditongo crecente -io, -ia: croio>croíño, xoia>xoíña, raia>raíña. Os rematados en ditongo decrecente ou -n: pau>pauciño, man>manciña, irmán>irmanciño, nai>naiciña, rei>reiciño, can>canciño. Os substantivos femininos do tipo de irmá fan o diminutivo partindo do masculino: irmá>irmanciña, mañá>mañanciña, la>lanciña, ra>ranciña... Os rematados en consoante distinta de -n: rapaz>rapaciño, luz>luciña, muller>mulleriña.

O resto dos diminutivos teñen menor rendemento e empréganse cun número limitado de substantivos.

Sufixos alterativos

oso/orgulloso ico/a: fachico echo: cornecho, fendecha oupo/a: casoupa uxo/a: cabuxa uco: fachuco, mulleruca acho/a: riacho, fiacho, coiracho ancho: ferrancho astro/a: palastro olo/a: rapazolo, pernolas elo/a: soutelo, fontela ete/a: mocete, rapaceta exo/a: lugarexo azo/a: homazo on/a, oa: cabalón, mullerona, mulleroa

Sufixos derivativos Ademais de variar a base semántica do substantivo poden cambiar a palabra de categoría gramatical: alumnado, amilladoiro, verdadeiro.

Son moi ricos en matices significativos; entre eles están:

ado: profesorado eiro: taberneira ista: xornalista al: cultural és: francés ego: chairego ada: niñada doiro: obradoiro, lavadoiro

Estes sufixos poden estar especializados en diversas significacións; sufixos colectivos como -eda ou -edo; que indican potencialidade, como -ble ou "que está cheo de", como -oso.

Véxase tamén Outros artigos Afixo Prefixo Lista de prefixos e sufixos

Categoría:Morfoloxía