miniatura|Lapis sobre papel. miniatura|75px|Lapis de distintos tipos. Un lapis ou lapiseiro é un instrumento de man utilizado para escribir ou debuxar, usualmente sobre papel.
Consta dunha variña de grafito (excepto para lapis de cor) e arxila, a cal é normalmente recuberta cunha capa de madeira. Os lapis poden ter tamén unha goma de borrar nun dos seus extremos, xa que a diferenza da pluma estilográfica ou o bolígrafo, o trazo do lapis pode ser borrado con facilidade.
A dureza da mina, e polo tanto a capacidade de escribir un trazo máis escuro, mídese coas siglas H e B, o B é mais brando, normalmente en debuxo artístico úsanse a B1, B2..., e o lapis común ten de siglas HB. Ademais, a dureza está en relación ás cantidades de grafito e arxila na mestura.
Historia e evolución Antes da aparición do lapis, o ser humano inventara a pluma como instrumento de escritura ou debuxo, a cal require de tinta. Ademais, a tinta adoita ser indeleble, co conseguinte prexuízo en caso de erro. Neste sentido, os lapis son máis prácticos e permiten borrar o trazo.
A mina actual do lapis, composta por grafito e arxila, foi un invento de guerra xa que antes usábanse minas de grafito puro, xurdiu esta mestura grazas á escaseza de grafito necesario por Napoleón e as súas tropas.
Cando non é necesario que a escritura sexa indeleble o seu inconveniente redúcese a que a mina, tamén denominada grafo, vaise esgotando, polo que é necesario ir sacándolle punta coa axuda dun afialapis.
miniatura|75px|Varios portaminas.
Existen tamén os chamados lapis mecánicos ou portaminas, instrumentos capaces de conter no seu interior minas de pequeno diámetro (usualmente 0,3 mm, 0,5 mm e 0,7 mm) que se deslizan cara ó exterior segundo se vai necesitando.
Escala de dureza 9H 8H 7H 6H 5H 4H 3H 2H H F HB B 2B 3B 4B 5B 6B 7B 8B 9B Moi duro→ Medio→Moi brando
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Goma de borrar Bolígrafo Pluma estilográfica
Categoría:Papelaría