La República foi un semanario editado en Ourense entre 1930 e 1931.
Historia e características Subtitulado Órgano de la Federación Republicana de Orense, apareceu o 4 de maio de 1930. Foi unha iniciativa da Federación Republicana para a que funcionou como voceiro. Estaba dirixido por Jacinto Santiago. O director e dous dos redactores foron procesados e encarcerados por artigos publicados nas súas páxinas e en marzo de 1931 fíxose cargo da dirección Roberto Blanco Torres. Os seus colaboradores estaban vinculados ao republicanismo de centro e de esquerda, ao socialismo e ao maxisterio laicista; entre eles destacan Álvaro de las Casas, Florentino López Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo e Rafael Dieste. Cesou a súa publicación o 22 de xuño de 1931.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos La República (1903) La República (1919) Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense
Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:1930 en Galicia Categoría:Prensa republicana Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Xornais en lingua galega