O Hockey Club Admiral Vladivostok (en ruso Хоккейный клуб Адмирал Владивосток) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Vladivostok, Rusia. Foi fundado en 2013 para competir na Kontinental Hockey League (KHL) a partir da tempada 2013-14. O Admiral será o equipo máis ao leste da liga, e un dos dous únicos equipos do Extremo Oriente Ruso. Xogará os seus partidos como local no Fetissov-Hall, un pavillón con capacidade para 5 500 espectadores que será inaugurado en 2013. O presidente do novo club será o ex xogador Aleksandr Mogilny.
O nome e o logo do Admiral foron decididos polo público mediante unha enquisa realizada en Internet pola Autoridade Rexional. Nesta enquisa, o nome Admiral conseguiu o 72,2 % dos votos, fronte ao 24,7 % que obtivo Kassatki ("Baleas Asasinas") e o 3 % de Forpost. Situado na Provincia Marítima, o seu logo representa unha áncora branca sostida por sticks de hóckey e un temón. Unhas liñas diagonais negras e laranxas cruzan de dereita a esquerda en sentido descendente o escudo. O escudo está coroado por unha estrela vermella.
Como parte do KHL Junior Draft 2013, o club adquiriu os dereitos dalgúns xogadores, algúns deles procedentes dos veciños Xapón e Corea do Sur. Para que o equipo poida competir cun conxunto completo na liga, o 17 de xuño terá lugar un Extension Draft.
Xogadores Equipo na primeira tempada Admiral Vladivostok # Nac. Nome Pos. Idade Nacemento 85 Yegor Antropov D 21 Moscova 22 Sergei Barbashev AE 26 Moscova 10 Niclas Bergfors AD 27 Södertälje, Suecia 91 Igor Bortnikov AD 24 Leninogorsk 21 Mike Commodore D 34 Fort Saskatchewan, AB (Canadá) 28 Viktor Drugov AD 28 Barnaul 87 Evgeny Grachyov AE 24 Khabarovsk 11 Richard Gynge AD 27 Tyresö, Suecia 19 Justin Hodgman C 25 Brampton, ON (Canadá) 32 Niko Hovinen G 26 Helsinqui, Finlandia 35 Evgeny Ivannikov G 23 San Petersburgo 42 Alexander Kuznetsov C 22 Moscova 65 Dmitri Kostromitin D 24 Chelyabinsk 26 Sergei Lesnukhin F 26 Yaroslavl 37 Mikhail Naumenkov D 21 Moscova 15 Andrei Nikitenko C 35 Tyumen 6 Denis Osipov D 27 Moscova 17 Vladimir Pervushin F 28 Omsk 92 Logan Pyett D 25 Balgonie, SK (Canadá) 55 Felix Schütz C 26 Erding, Alemaña 14 Konstantin Sokolov F 23 Oskemen 74 Artyom Ternavsky D 30 Magnitogorsk 18 Alexei Ugarov AE 28 Nizhnekamsk 63 Dmitry Vorobyov D 28 Tolyatti 8 Artyom Zemchyonok D 22 Moscova 38 Ilya Zubov C 27 Chelyabinsk
Notas
Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Rusia Categoría:Equipos da KHL